Skip to Content

Actividades

Conferencia-coloquio arredor da Xenética para alumnado de 1º e 2º Bacharelato Bioloxía

                         Conferencia-coloquio arredor da Xenética para alumnado de 1º e 2º Bacharelato STEMBach

O alumnado de 1º e 2º Bacharelato do STEMBACH realiza unha saída didáctica a INTECMAR

O alumnado de 1º e 2º Bacharelato do STEMBACH realiza unha saída didáctica a INTECMAR

O alumnado de 1º e 2º Bacharelato do STEMBACH realizou o mércores 20 de decembro unha visita ao Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, INTECMAR, en Vilaxoán, Vilagarcia de Arousa. Mesta saída puideron coñecer as actividades que realiza este centro investigador mariño así como algúns dos aparellos que utilizan nos seus análises e investigacións. Foron acompañados polas profesoras Lara García e Ana Bueno.

Alumnado 3º ESO participou nunha charla sobre doazón e transplantes de órganos

Alumnado 3º ESO na charla sobre doazón de transplante de órganos

O pasado martes 24 de outubro, o alumnado de 3º de ESO asistiu a umha charla sobre doazón e transplantes de órganos, impartido por persoal da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) e a testemuña dunha doante. Na sesión lectiva alumnas e alumnos puideron coñecer a importancia dos trasplantes e de ser doantes, xunto co funcionamento do proceso, conseguindo que os asistentes a charla tomasen conciencia e se sensibilizaran ante un tema tan importante. A actividade tivo lugar na Biblioteca e foi organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Alumnado 3º ESO na charla sobre doazón de transplante de órganos

Alumnado de 1º ESO participou no Obradoiro de insectos "Mundo Bichos"

tallerdeinsectosalumnado1eso

O xoves 11 de maio, o alumnado de 1º ESO asistiu a un "Obradoiro de insectos" a cargo do biólogo e entomólogo santiagués Miguel Santamaría de Mundo Bichos Galicia. Neste taller de invertebrados artrópodos o alumnado puido observar e tocar, con total seguridade, distintas especies de invertebrados vivos, como insectos pao, bolboretas, escorpións..., artrópodos espectaculares dos cinco continentes. Tamén aprenderon detalles da súa bioloxía, morfoloxía ou a importancia que teñen nos ecosistemas. A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

tallerdeinsectosalumnado1eso

Samuel Rial de 2º Bacharelato vén de participar na XIV Olimpíada Española de Xeología

Samuel Rial de 2º Bacharelato en Jaén, na XIV Olimpíada Española de Xeoloxía

Samuel Rial Maneiro, alumno de 2º Bacharelato, participou este fin de semana na XIV edición da Olimpiada Española de Xeología que tivo lugar na cidade andaluza de Jaén. Esta edición foi coordinada e organizada desde o Departamento de Xeología da Universidad ede Jaén, coa colaboración da Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra e a Sociedade Xeológica de España.

Samuel, xunto a outros 96 estudantes de diferentes comunidades autónomas, participou en diferentes probas relacionadas coa olimpíada, así como unha saída de campo e unha visita ao casco antigo de Jaén. Parabéns!!!

XIV Olimpiada Xeoloxia Jaen

Distribuir contido


by Dr. Radut