Skip to Content

Actividades

Enrique Otero de 2º Bacharelato superou a fase previa da XVII Olimpíada de Bioloxía

Enrique Otero de 2º Bacharelato superou a fase previa da Olimpíada de Bioloxía

Enrique Otero de 2º Bacharelato superou a fase previa da fase autonómica da XVII Olimpíada de Bioloxía, convocada pola Asociación Olimpíada Española de Bioloxía (AOEB) celebrada, de forma telemática, o venres 4 de febreiro. Foi seleccionado entre os 30 mellores participantes desa fase. O vindeiro 18 de febreiro competirá na fase final autonómica na Facultade de Ciencias da Universiade de A Coruña. Parabens!!! a Enrique a a súa profesora Loli Rego e como non, moita sorte!!! na vindeira fase.

Alumnado de 2º Bacharelato participa na XVII Olimpíada de Bioloxía

Alumnado de 2º Bacharelato na XVII Olimpíada de Bioloxía

O venres 4 de febreiro tivo lugar a fase autonómica da XVII Olimpíada de Bioloxía, convocada pola Asociación Olimpíada Española de Bioloxía (AOEB), na que participaron centros de toda Galicia e entre eles o noso Centro, que estivo representado polo alumnado de 2º Bacharelato: Alicia Iglesias, Alexandra Bandín e Enrique Otero. Foron acompañados pola profesora do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Loli Rego. A proba realizárona na aula de Informática porque, ao igual que a pasada edición e ante a actual situación sanitaria, esta olimpíada realizouse de forma telemàtica.

Samuel Rial Maneiro, alumno de 1º Bacharelato, participa no Concurso de Divulgación Científica (CIB 2022)

O alumno de 1º Bacharelato, Samuel Rial Maneiro participa no Concurso de Divulgación Científica do X Congreso de Investigación Biomédica (CIB 2022). Este concurso ten como obxectivo fomentar a participación do alumnado no ámbito científico mediante a exposición de temas de relevancia actual a través de vídeos adaptados á divulgación científica. A temática do vídeo que realizou ten como título: "La Gen(ética) ConCiencia" e está dentro da área de coñecemento biomédica. Picando na fotografía podes ollar o magnífico traballo de Samuel e darlle ao "me gusta". Parabens!!! polo vídeo e moita sorte neste concurso.

Samuel Rial 1º Bacharelato no concurso do CIB 2022

Alexandra Bandín e Samuel Rial participaron no debate final de Regueifiñas 2021

Alexandra Bandín e Samuel Rial participan no debate final de Reguefiñas 2021

Alexandra Bandín de 1º Bacharelato e Samuel Rial de 4º ESO participaron o martes 22 de xuño na final do debate escolar de Regueifiñas 2021, realizado na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
Foi un debate intenso e interesante, cun gran traballo de preparación por parte dos dous equipos participantes: o IES Aquis Querquernis e o IES de Valga. Noraboa polos premios acadados e sobre todo polo traballo realizado.

O debate foi retransmitido en streaming e pódese ollar neste enlace

Máis información picando aquí.

Alexandra Bandín e Samuel Rial participan no debate final de Reguefiñas 2021

 

 

Día mundial do Medio Ambiente no IES Valga

alumnado de Cultura Científica de 4° ESO  e de Bioloxía-Xeoloxía de 1° Bacharelato

Coincidindo co Día mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) e para conmemoralo, o alumnado de Cultura Científica de 4° ESO  e de Bioloxía-Xeoloxía de 1° Bacharelato fixeron un esforzo extra, saíndo polos arredores do centro o pasado venres 4 de xuño, uníndose á actividade da limpeza do noso centro que está realizando todo o alumnado desde 1º ESO a 1º Bacharelato. Foron acompañados polas profesoras Loli Rego e Ana Bueno. A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Esperemos que con estas tarefas se tome conciencia do cuidado do medio ambiente, pois segue a recollerse unha grande cantidade de lixo.

Lixo recollido polo alumnado Día Medio Ambiente 2021

 

Distribuir contido


by Dr. Radut