Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Taboleiro

Educación Vial

Unha actividade do Concello de A Coruña, a través da súa Policía Local, para promover o uso da bicicleta na que participaron máis dun centenar de alumnos de 2º de ESO e 6 profesores.

Vídeo Telexornal Galicia TVE (a partir do minuto 4:23)

Noticia na TVG (a partir do minuto 44)

Vídeo da TVG

Enlace a fotos na conta "Concello da Coruña" de Facebook

(Fotos: Pedro R. Porca e Mario S. García)

Prácticas de disección en Anatomía Aplicada

Práctica de disección de ollo de vaca e de ril realizada na clase da materia Anatomía Aplicada que imparte a profesora Catalina Romero  de 1º de bacharelato nos grupos A, B e C. Nesta práctica os alumnos puideron observar no ollo de vaca a retina, o punto cego, o nervio óptico, o cristalino, o humor vítreo, o corpo e músculo ciliar, a córnea... así como puideron comprobar a inversión da imaxe a través do cristalino. Na disección do ril puideron ver a pelve renal, o ureter, a codia renal e as pirámides de Malpighi da médula renal. Como se pode ver nalgunhas fotos, disfrutaron aprendendo. As fotos están realizadas e arranxadas por eles mesmos.

(Texto: C. Romero, Fotos e arranxos: alumnos das prácticas. Fai clic para velas fotos)

Material de limpeza e hixiene para a ONG Mozambique sur

O xoves día 11 de maio procedeuse á entrega do material de hixiene e limpeza recollido polos alumnos da ESO na campaña para a ONG Mozambique sur.

Festival da Francofonía 2017

 

Festival da Francofonía: Que opinan os alumnos asistentes?

     María e Marta Rodríguez Cobo, alumnas de 2º ESO

 

Vídeos en Youtube

No Canal Rías Baixas TV:

Fotos:

Intercambio con Annecy 2017

O pasado 7 de maio, embarcaron no avión de volta os 24 alumnos de intercambio do Lycée Gabriel Faure de Annecy (Francia), que estiveron connosco unha semana chea de actividades que lles serviron para coñecer a nosa cidade, a nosa forma de vida e para establecer lazos de amistade cos nosos alumnos de 1º de bacharelato, lazos que xa empezaran a forxarse na nosa estadía en Annecy entre o 29 de marzo e 5 de abril deste mesmo ano.


Durante esta semana foron recibidos polo alcalde en María Pita, visitaron a Torre de Hércules, a cidade vella, a Domus, o mirador de San Pedro, Santiago de Compostela, Betanzos..., e participaron na búsqueda dun tesouro polas rúas principais da nosa cidade.

Sen dúbida todos disfrutamos desta experiencia. Ata pronto!!!! 

 3 de maio: Os alumnos franceses foron recibidos polo alcalde Xulio Ferreiro.

Estancia dos alumnos do Eusebio en Annecy do 29 de marzo ao 5 de abril:

Durante a nosa estancia na preciosa cidade de Annecy, á veira dun enorme lago e rodeada polos Alpes, puidemos coñecer a súa parte vella co castelo, o museo de animación, as cidades de Xenebra e Lyon e tamén, participar nun divertido rally fotográfico.

 

 

Intercambio con Fontenilles 2017: "Unha experiencia inolvidable"

Dúas nacionalidades e un só obxectivo, o de disfrutar aprendendo. O que ao princpio podía paracer un inferno lonxe da túa familia converteuse nunha semana chea de maxia.

Un intercambio non só é unha foma de aprender outro idioma, no que acabas collendo oido e aprendes a expresarte na vida cotiá. En tan pouco tempo tivemos a oportunidade de visitar lugares incribles, que xamais pensamos que serian tan marabillosos, descubrimos unha nova cultura, distintas formas de vivir, aprendimos a convivir todos xuntos, e sobretodo, e o mas importante, aprendemos disfrutando.

(Para ver máis fotos, fai clic na imaxe)

Isto é un claro exemplo de que as cousas que parecen mais insignificantes poden converterse nas mais espectaculares, que persoas coas que nunca pensaches conxeniar son as que mais te fagan chorar ao despedirte delas, e unha vivenda allea pode rematar parecendo o teu fogar. E sobre todo, acábaselle collendo cariño á xente, aínda que a algún mais ca outros. Oxalá puidésemos voltar o ano que ven, pero debemos deixar que outros aproveiten esta gran oportunidade.

Unha semana no estranxeiro é mais que sete dias noutro pais. É unha experiencia na que todo se gaña e nada se perde.

Fontenilles 2017

Lucía González, Esther González e Xoán Gómez.

Actualización 9 de Maio: Engadimos outro enlace con moitas máis fotos.

Vídeo elaborado polo profesor Juan Carlos Méndez

 


 

Enquisa sobre o uso da biblioteca

Os alumnos do nocturno prepararon esta enquisa. Facendo clic sobre a imaxe poderás contestarla. É rápida, tan só un minuto, e lles farás un gran favor.


 

 

Alumnos do Eusebio asisten ao taller de robótica da Fundación Barrié de la Maza

O pasado 28 de abril un nutrido grupo de alumnos de cuarto da ESO asistiron durante dúas horas a un taller de robótica na Fundación Barrié de la Maza. O taller consistiu nunha charla teórica, unha sesión práctica e unha competición en grupos. O comportamento do alumnado foi alabado pola organización. Pola outra banda, a grande maioría dos alumnos disfrutaron e aprenderon, polos comentarios que deron despois. As fotos así o amosan.

 

(Fai clic nas fotos para velas todas)


 

 

XXXIV Olimpiada Galega de Química (2017)

O 28 de abril foron varios alumnos deste Instituto ao acto de entrega de galardóns da XXXIV Olimpiada Gallega de Química na Aula Magna da Facultade de Química da Universidade de Santiago. Aproveitamos para facer visitas guiadas ao CiQUS, aos laboratorios e á Biblioteca da Facultade.

Os alumnos Jorge M. Blanco Rodríguez e Hugo Calvo Castro quedaron no grupo de gañadores de Coruña na XXXIV Olimpiada Galega de Química. PARABÉNS!

Alumnos do IES P. Eusebio da Guarda participantes na XXXIV Olimpiada Galega de Química (2017) diante da Facultade de Ciencias da Universidade de Química.

Charla co escritor Pedro Feijoo Barreiro

Hoxe, xoves 27 de abril, recibimos a visita do escritor Pedro Feijoo Barreiro. Moitos dos nosos alumnos de 2º de bacharelato leran este curso o seu libro Morena, perigosa e románica. Pedro non quixo acaparar el o discurso e dedicouse a maior parte do tempo a responder as preguntas que lle formularon as rapazas e os rapaces. Tamén a profesora Beni Vidal quixo saber como escollía o tema das súas novelas. Feijoo é un home novo aínda e entusiasta do seu oficio: algunhas cuestións claramente encantábanlle. Por exemplo: Pódese vivir ben en Galicia só da literatura?, Que estás lendo agora?, Que hai de ti nalgúns dos teus personaxes? (literalmente dixo que esa era a pregunta do millón). Foron case dúas horas intensas e todos estivemos pendentes da rica e fluída comunicación co autor vigués. Destacariamos das súas palabras un par de ideas básicas: que o sistema literario galego é amable e nel cabe todo (incluída unha comedia gamberra), que a obra que acaba de escribir é a súa favorita (Os fillos do lume) e que na súa vida tivo un peso específico a figura do seu avó, aquel que o levaba da man ao café Goya, frecuentado por Valentín Paz Andrade. Grazas, Pedro! E grazas, mozas e mozos de segundo bach., polo ben que soubestes escoitar e participar!

 

 

XI Feira Matemática (2017)

Os alumnos do Ciclo de Axencias e Xestión de eventos, acompañados pola profesora Tatiana García, participaron o pasado sábado 22 Abril na XI Feira Matemática celebrada en PALEXCO, que este ano tivo como lema "MATEMÁTICAS  E TURISMO".

 

Conferencia do físico José Edelstein

(Fotos: Mario S. García. Fai clic para velas)

O pasado 13 de xaneiro o alumnado de primeiro de Bacharelato e cuarto da ESO asistiu á conferencia que o físico D. José Edelstein, da UDC, deu no Ágora. O acto foi organizado pola profesora Marisa Castiñeira, do IES Rafael Dieste. Hai máis información recollida no blog "O Faro de Sofía" e tamén unha entrevista no blog "Cazatesouros".

Charla sobre arquitectura bioclimática

O pasado 21 de marzo o profesor Juan Bello deu unha charla moi interactiva a alumnos de terceiro e cuarto da ESO sobre arquitectura bioclimática. A actividade, organizada polo departamento de Tecnoloxía, deu a oportunidade aos alumnos de examinar varios fornos solares. O profesor contou a súa experiencia con eles, invitando aos alumnos á próxima xornada de cociña solar que celebrarase na universidade coruñesa a finais de abril.

 

Actualización: O V Encontro Solar celebrouse no campus da UDC. Fai clic para ver unha selección das fotos.

Inauguración da exposición Pardo Reguera, inspirador de Picasso

O pasado venres 17 de febreiro inaugurouse a exposición de Gumersindo Pardo Reguera, autor do retrato de don Eusebio da Guarda que o instituto cedeu para o evento.

A exposición, que rinde homenaxe ao inspirador dun xoven Pablo R. Picasso, estará pouco máis de un mes aberta na sala de exposicións Palexco da nosa cidade.

 

 

 

Mural celebrando o "Día da Muller e a Nena na Ciencia"

 

Co gallo do "Día da Muller e a Nena na Ciencia", os alumnos de segundo da ESO realizaron traballos de búsqueda de científicas galegas, sendo quen de aportar datos biográficos e profesionais. Logo fixeron este mural para reflectir unha selección de todos os traballos presentados.

(Texto e foto de Gloria Lamas)

Visita ao Observatorio Ramón Mª Aller e ao CESGA


 

(Cartel feito para a visita)

Visita escolar do alumnado de 4º de E.S.O. ao Observatorio Astronómico “Ramón María Aller” da USC e ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) en Santiago de Compostela acompañado de profesorado do Departamento de Matemáticas e do Departamento de Bioloxía e Xeoloxia, e que tivo lugar o xoves 2 de Febreiro de 2017 entre ás 08:30h e ás 14:30h.

Podes ver as fotos facendo clic sobre a seguinte:

 

(Texto e fotografías: Luis J. Rodríguez)

A impresora 3D gañada nunha competición xa funciona no taller de Tecnoloxía

O pasado curso un grupo de alumnos -Javier Enríquez Guerrero, Iago Martínez Edreira, Alberto Rey Ares e Gustavo Vilca Mayta- gañaron unha impresora 3D para o instituto na competición D3Mobile.

Como podedes ver a impresora xa está montada e funcionando no taller de Tecnoloxía.

 

O seu exemplo ten animado a máis alumnos a voltar á competición este curso. Parabéns!

Presentación da escola de pilotos AFN

 

O pasado día 31 de xaneiro os alumnos de 1º e 2º de bacharelato asistiron á presentación da empresa AFN Escola de Pilotos, na que puideron escoitar as saidas profesionais que esta empresa ofrece.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut