Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Taboleiro

Unha alumna do instituto, campeona galega de patinaxe

A nosa alumna de 2º de bacharelato A, María Bilbao Palomo, pertence ao club Alquimia de Carral, patinando na modalidad de solo dance. Proclamouse campeona galega desta pasada temporada, clasificouse para o campeonato nacional e foi convocada pola selección española para o Open internacional de Hettange(Francia) desa modalidade.


Nas súas declaracións pódese apreciar o seu compromiso con este deporte: Tras una primera gran experiencia neste evento quede satisfecha en la posición número 13 de un total de 32 patinadores de mi categoría con un gran nivel.
Sigo trabajando duramente para superar estas clasificaciones en la próxima temporada. El patinaje es una parte muy importante de mi vida, me ayuda a crecer como persona y como deportista.

 

 

 

Enlace ás fotos


 

Charla divulgativa sobre neonatoloxía

O pasado día 26 de Outubro, a neonatóloga Dolores Eiriz Barbeito, supervisora da Unidade de Neonatoloxía do CHUAC, deu unha charla de divulgación aos alumnos de 1º ESO para que comprenderan o que significa ser prematuro. 


A charla resultou moi amena e cercana, e os alumnos tiveron despois tempo para preguntar dúbidas.


Agora lles toca aos alumnos facer un debuxo no que reflicten o que é para eles un neonato prematuro ou ben o que aprenderon coa charla.


De todos os debuxos dous serán seleccionados, e os alumnos gañadores irán o vindeiro 17 de novembro (día da prematuridade) ao Hospital Materno Infantil onde coñecerán de primeira man a Unidade de Neonatoloxía e recibirán un premio.


Teño que sinalar que a neonatóloga foise encantada do instituto pola boa resposta e comportamento dos nosos alumnos.


A todos eles , moitas grazas por participar e dicir que estamos á espera de coñecer os nomes dos gañadores.

Mª Teresa Fraga, vicedirectora

 

 

Fontenilles et ses élèves sont venus à La Corogne

Foto: Na Alameda de Santiago

 

Foto: Os nosos alumnos mostrando a cidade de Santiago aos seus colegas.

 

Foto: As profesoras acompañantes do grupo. (Fotos de Mª Jesús Quintáns)

Un ano mais os alumnos do collège Irène  Joliot-Curie  estiveron uns días con nós. Acompañados por tres profesoras entre as que se atopaba Mme. Tanis, profesora de español no centro francés e organizadora desta actividade no país veciño.

 

Foto: Ante a fachada da igrexa de Santa María en Betanzos

Un grupo de alumnos de 3º e 4º de ESO tiveron ocasión de coñecer e trabar amizade con rapaces da súa mesma idade tanto nas súas casas coma no instituto. O programa preparado para eles estivo cheo de actividades diversas co obxectivo de dar a coñecer a nosa cultura e linguas. Hai que recoñecer que un dos puntos mais fortes é o de establecer lazos entre a rexión de Midi Pyrénées e Galicia. Xa van varias xeracións de alumnos  que participan neste intercambio, entre eles están varios irmás das mesmas familias.

 

Foto: Visitando Betanzos

A continuidade da labor está presente no ánimo dos organizadores, dados os beneficios que a todos nos aporta. Agradecementos  ao collège amigo de Fontenilles e á súa directora Mme Lemé. Non podemos esquecer aos nosos alumnos e ás súas familias sempre dispostas a colaborar. Grazas a todos pola vosa labor.

 

 

O departamento de Francés do I.E.S. Plurilingüe Eusebio Da Guarda

 

Foto: Nas Fragas do Eume

 

Foto: Ante o Castelo de San Antón


 

 

Un antiguo alumno do Eusebio, premiado polo MIT pola súa esperanzadora investigación

 

Hoxe o diario La Voz de Galicia recolle na sección de Salud a entrevista cun xoven de 30 anos, César de la Fuente Núñez, antiguo alumno do Eusebio, cunha prometedora carreira investigadora na rama da Biotecnoloxía. César investiga como podemos vencer ás superbacterias, bacterias resistentes a tódolos antibióticos coñecidos, e que polo tanto representan unha clara ameaza contra todos nós. Podes ler o artigo facendo clic na fotografía, tomada tamén deste artigo citado.


 

 

Recepción municipal aos integrantes do intercambio Salerno-A Coruña

 

Onte o Excmo. Alcalde de A Coruña, Sr. Xulio Ferreiro, recibíu a expedición de Salerno que estes días está a coñecer a nosa cidade e cultura. (Fotos: Benigna Vidal)


 

Chegada dos alumnos de intercambio

 

Hoxe 12 de outubro chegaron os alumnos do intercambio entre Salerno e A Coruña. Benvidos!


 

Visita ao CERN

 VIAXE A XENEBRA (23-27 SETEMBRO 2016)

O curso pasado, o departamento de Física e Química decidiu poñer en marcha unha viaxe diferente ás que se viñan organizando no instituto ata entón, unha viaxe que tiña unha parte científica interesantísima que era visitar o CERN (European Organization for Nuclear Research), ademais de coñecer a cidade de Xenebra, e como non, algún dos museos que alí se atopan.

(Pinchar na imaxe para ver máis fotografías)

 O venres 23 de setembro, despois dun bo madrugón, saimos no avión cara a Xenebra, onde esa mesma tarde visitamos o Pazo das Nacións Unidas, unha visita que nos pareceu moi interesante pola defensa que dende alí se fai dos dereitos humanos, visitamos a sala dos dereitos humanos e da Alianza de civilizacións decorada por Miguel Barceló, a sala dos pasos perdidos, a sala das asembleas e a sala do Consello.

Ao día seguinte, chegou o prato forte da viaxe, erguémonos cedo e collemos o tranvía cara ao CERN, os 26 rapaces e as dúas profesoras que os acompañabamos (Mª Carmen Díaz Cabanas e Teresa Fraga) estabamos moi ilusionados. Durante a visita guiada por dous enxeñeiros encantadores, entendemos o que alí se facía, comemos no CERN e pola tarde fomos á parte vella da cidade para dar unha volta polas rúas. Cea e a descansar.

O domingo 25, visitamos o museo da Cruz Vermella, a algún dos rapaces pareceulles un pouco duro polos asuntos humanitarios que alí se amosan e onde a axuda da Cruz Vermella é importantísima (situacións de guerra, de catástrofes naturais…). Comemos na cafetería do museo e pola tarde saímos cara ao centro da cidade para ver o surtidor Jet d´eau e pasear polo lago Leman.

O luns día 26, volvemos  ao CERN onde tiñamos concertada unha visita informal ás dúas da tarde. Comemos na cafetería que estaba chea de científicos de todo o mundo e puidemos apreciar o  estupendo ambiente que alí había. Mar Capeáns, física galega que traballa no CERN dende hai moitos anos, agardábanos na entrada, e presentounos a outros tres científicos galegos que nos ían facer de guías (guías de luxo), para ensinarnos como era o seu día a día. Deixáronnos encantados e con algunha vocación de futuro entre os nosos alumnos.

Pola tarde tocaba a busca do tesouro, fixemos seis equipos, repartimos mapas da cidade e instrucións en inglés e os rapaces puxéronse en marcha percorrendo a parte antiga da cidade de punta a punta, acabaron esgotados (nós tamén), pero pasárono moi ben, e o obxectivo de coñecer a cidade e un pouco da súa historia estaba conseguido.

O martes día 27 tocaba a volta a España. Como o avión saía as 18.00 horas, pola mañá aproveitamos para coñecer o museo etnográfico que nos encantou a moitos de nós.

Maletas, tranvía, aeroporto…, o que prometía ser unha volta tranquila truncouse pola néboa na Coruña e o desvío do avión cara a Santiago, dende alí autobús e chegada a Coruña, tarde e cansos, pero encantados coa viaxe realizada.

Esperemos que o ano que vén repitamos esta experiencia!!!

Chegada do auxiliar de conversa para o curso 2016/17

O auxiliar de conversa Tyler Scott McKechnie, enviado pola Consellería tras a firma dun convenio coa prestixiosa Fundación Fulbright, chega ao Eusebio.

A noticia ven recollida no diario El Correo Gallego. O auxiliar comenzou o mércores 21 de setembro as labouras para as que foi designado. Noraboa!

 

PRESENTACIÓN DE CICLOS

A presentación dos Ciclos para o curso 2016/17 será o venres 16 de setembro ás 18 horas.

 


 

Tecnoloxía 3º da ESO. Materia para o examen de setembro

 

A materia que entra no examen de setembro de 3º ESO de Tecnoloxía será a seguinte:
  • Electricidade.
  • Fontes de Enerxía.
  • Materiais.
  • Hardware de Ordenadores.
  • Pranta, Alzado e Perfil con Acotacións dunha figura.
 
Asemade, no caso de que non entregaras o Proxecto do Forno Solar, has de traelo feito o día do examen. A execución do proxecto será individual.

 

Excursión fin de curso en Primeiro da ESO

Un día de relax nas Fragas do Eume

Como peche a un ano de trocos e novas experiencias, qué mellor que unha aventura nas Fragas do Eume, onde disfrutamos das súas preciosas vistas e paisaxes cun paseo nos kaiaks, percorrendo algunhas das suas rutas e miradores. Unha experiencia para disfrutar todos. Vos invitamos a coñecer e disfrutar deste precioso paraxe.

(Texto e fotos: Carmen Aquino)

Actuación do grupo de Teatro do Eusebio

 

Ligazón ás fotos

O grupo de teatro do IES Eusebio da Guarda representará a próxima semana 'Bululadas' baseada na 'Farsa de Bululú' de Manuel María, escritor homenaxedo este ano no Día das Letras Galegas. A obra, escrita durante a dictadura franquista, é unha sátira política contra a tiranía.

'Bululadas' será representada para algúns grupos do centro en horario lectivo e o luns 20 ás 18:30 haberá unha actuación aberta para todo o público. Convidámosvos a vir!


 

III Entrega de premios de Debuxo Picasso Coruñés

O pasado venres 10 de Xuño entregáronse os premios á III edición do concurso de debuxo Picasso Coruñés, presididos polo Excmo. Sr. Alcalde da cidade Xulio Ferreiro.  

No acto salientóuse a extraordinaria participación recibida, recibindo máis de mil traballos na suma de todas as categorías. Parabéns a todos os gañadores e aos participantes!

 

No enlace poden verse varias fotos.


 

Éxito no DELF Scolaire dos nosos alumnos

Este ano, por primeira vez, o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, facendo honra á súa denominación, decidiu presentar ao exame do DELF Scolaire, organizado polo Centre Internationale D’Études Pédagogiques e a través da Alliance Française de A Coruña, a 10 alumnos deste centro.

As alumnas MONTIEL ALES, CARMEN e REGO ARAMBURU, EMMA presentáronse ao título de A2; os alumnos e alumnas FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, ANXO; LLAMOSAS FERNÁNDEZ, UXÍA; MARCOS PACHECO, MARÍA LUISA; RÁBADE ARIAS, EUGENIA; SALIDO PONTE, DAVID; TWINE PADÍN, NICHOLAS e VAAMONDE LÓPEZ, DAVID presentáronse ao título de B1; e o alumno FUENTES RIVAS, FRANCISCO presentouse ao título de B2.

Todos eles obtiveron a cualificación de “admis”, o que significa que obtiveron os títulos ós que optaban.

Parabéns para todos e todas, e tamén para os seus profesores: María Novo Pérez e Juan Carlos Méndez Ávila, que propuxeron esta iniciativa, demandada polos alumnos, e que certifica que o estudio de linguas estranxeiras, coma primeiro ou segundo idioma, pode aportar un plus, non só de coñecemento senón tamén pensando nun futuro, ao obter titulacións oficiais consideradas como méritos a aportar en distintas instancias tanto educativas como laborais.


 

Premio extraordinario de FP de grao superior para unha alumna do centro

A alumna do noso centro, Carmen Peñalver López, obtivo un premio extraordinario de FP de grao superior correspondente ao curso 2014-2015 publicado por Orde do 2 de xuño de 2016 (DOG do 14). Parabéns á alumna e aos seus profesores.

 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut