Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2022-2023

Antigo alumno do Instituto

Para acceder á información do artigo publicado na prensa pinchar no enlace

antigo alumno

Profecías 2023, en positivo

Para acceder a todas as imaxes pinchar no enlace

Campaña solidaria e de galeguización: "En galego, verbas que alimentan. Profecías 2023, en positivo"

Realizouse esta campaña do primeiro trimestre do curso, con motivo do Nadal. Esta actividade tivo un dobre obxectivo: por unha banda, achegar a nosa solidariedade en forma de pequenas doazóns materializadas en produtos de consumo non perecedoiros, que foron enviados a Cáritas Parroquial, quen se encargou de distribuílos entre aquelas persoas en situacións de vulnerabilidade; por outra banda, enviar asemade vaticinios ou prognósticos que sesexaríamos que se fixesen realidae no 2023, escritos en lingua galega, co obxectivo de dinamizar a nosa lingua. Nesta campaña colaborarou o departamento de Relixión. A data límite de entregas foi o 20 de decembro e participou toda a comunidade educativa do centro. Así, cadaquén escribiu unha pequena profecía en positivo, en língua galega (a ordenador, ou cunha graía lexible) e pegóullela con cinta adhesiva aos produtos entregados. Así puidéronse albiscar fermosos agoiros: dende o desexo de que rematen as guerras, que se descubran vacinas marabillosas que acaben con enfermidades graves, atopar un planteta habitado na nosa galaxia inzado de materias primas, o Depor de novo en 1ª división, ou que galego se convirta en lingua de prestixio internacional. Se cadra....Todo pode ser posible!!!

Cómpre agradecer á xefa do Departamento de Plástica, Eva Vérez a súa achega en forma de doazón de prodtos mercados cos cartos sobrantes dunha recente viaxe a Madrid, realizada co alumnado de 1º BACH a Madrid. Así, a nosa lingua púxose ao servizo dunha novbre causa: alimentar o corazón.

                                                                     Teresa Pastor Novo, coordinadora do EDLG

Árbore de Nadal sostible

 O alumnado de 1º ESO A e D, coordinados pola súa profesora de Lingua galega e literatura, Teresa Pastor Novo, elaborou unha árbore de Nadal sostible, empregando pasquíns realizados na aula con decálogos de boas intencións. Nesta época, onde o consumismo e o avultado número de residuos é moi evidente, cómpre reflexionarmos na necesidade de coidar o chan onde vivimos, para que dure moitos anos.

                                                      Teresa Pastor Novo

                                                     Coordinadora do EDLG

Cartas a Noel do alumnado de francés

O alumnado de 1º e 2º da ESO participou nun concurso de Nadal presentando fermosas e creativas tarxetas coas que queren felicitar as festas e desexar un feliz ano a tods na lingua de Moliêre.

Para acceder a todas as tarxetas pinchar no enlace

Felicitación Nadal 2023

Tecnólogos por un día

Os alumnos de 2º de Bacharelato e STEMbach Carla Dopazo e Hugo Herrador foron seleccionados para o programa "Tecnólogos por un día" e aisitiron o día 2 de decembro ás instalacións da empresa DXC technology en Santiago de Compostela.

Alí foron recibidos cun agasallo por Francis Figueras e puideron visitar as instalacións, falar cara a cara cos managers da empresa Adolfo Sanz e Anxo Graña e preguntarlles as súas dúbidas con respecto ás titulacións requeridas para traballar nese sector, os requisitos do traballo diario, a modalidade de teletraballo e a necesidade de coñecer máis idiomas para abrir portas.

​Agradecemos o bó ambiente que respiramos na vosa empresa, o voso acollemento e toda a información que nos levamos, grazas.

Visita de 2º de Bacharelato á Feira das Universidades Curso 22-23

O 15 de decembro de 2022 o alumnado de 2º de bacharelato acompañado polos seus titores/as e a coordinadora tivo a oportunidade de visitar UNITOUR, o Salón de Orientación Universitaria.

Este evento do que se veñen celebrando once edicións, é unha grande oportunidade  para o alumnado, e tamén os pais, de achegarse ás distintas opcións de futuro universitario no noso país, da man dos representantes desas institucións.

Antes de partir ao evento, posaronnunha foto para o recordo.

Para acceder a todas as fotos do evento pinchar no enlace

Alumnado do Eusebio coñece os proxectos do CITIC

citid

Para acceder á información pinchar no enlace

Entrevista e intercambio de ideas sobre o Proxecto TADEUS

Para acceder a todas as fotos pinchar no enlace

Tres representantes de Rumania visitaron o noso centro acompañados polo Director de Ingalicia Nino Versace e intercambiaron ideas cos nosos alumnos de 1º Bacharelato que traballaran na investigación dos Fondos Estructurais.

Os nosos alumnos explicaron en inglés os puntos máis salientables do Proxecto e responderon ás múltiples preguntas que lles fixeron.

Charla de estereotipos

Dentro das actividades organizadas como Escola Mentora do Parlamento Europeo, os alumnos de 1º de Bacharelato F asistiron a unha charla do equipo InGalicia, representado por Rosita Bugiolacchio, que acompañada de Maite Bustamante, da asociación Amiga, especialista en estranxeiría. Rosita presentou  o Proxecto Erasmus + EUQualizer, dirixido por cinco países: España, Malta, Finlandia, Turquía e Italia, no que se aborda a problemática dos estereotipos. Este proxecto ten a intención de promover o debate na contornoa educativa centrándose en catro ámbitos: comuniade LGTB+, desigualdade de xénero, discapacidade e racismo.

Pola súa banda, Maite Bustamante centrouse no traballo do terceiro sector para a atención das persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade xurídica e social e animou ao alumnado para reflexionar e a actuar desde xa e no futuro, calquera que sexa eo seu proxecto profesional.

No taboleiro da Escola mentora do Parlamento Europeo pódese atopar máis información e unha petición para asinar pola exisencia dunha xornada contra os estereotipos.

Concurso de colaxes en Francés

O departamento de francés organizou o xa tradicional concurso de colaxes para o alumnado de 1º de ESO. Este ano o tema foi “La Francophonie. Coa axuda das súas profesoras Beatriz Freijido, Eva Fernández e María José Barreiro realizaron creativos traballos sobre os países que forman parte da francofonía e aprenderon así que o francés está presente nos cinco continentes e conta con máis de 300 millóns de falantes. Os gañadores, entre os vinte e cinco seleccionados para a exposición, foron Pedro Álvarez Fernández -Ayala de 1º A , Daniela Quiza Torres de 1º B e Ariana Crego Romero de 1º D polos seus colaxes sobre Mauritanie, Guinée et Cap Vert respectivamente. Parabéns polo esforzo de todos e todas!

O reloxo do Eusebio volverá a funcionar

reloj 3

1º Premio Igaciencia: "Inventa en Galego"

 

Para acceder a máis fotos e ao artigo da Opinión pinchar en cada imaxe

Alumnado de TIC recibiu en Santiago o venres 9 de decembro o primer premio de Igaciencia: "Inventa en Galego", da man do secretario de Política Lingüistica Valentín García.

Noraboa ao alumnado: Paula Díaz López, Antía Sardiña García, Sabela Lozano Rodríguez, Hugo Herrador Segade e Bruno Bolaño Molezún.

Os estudantes foron acompañados pola nosa directora Isabel Ruso e o profesor coordinador dos proxectos, Serxio Gómez.

Traballo do alumnado de Ciencias da Terra sobre a SIDA

O 1 de decembro celébrase o día mundial da loita contra a SIDA. Os alumnos e alumnas da materia Ciencias da Terra e do Medioambiente de 2º de bacharelato elaboraron un mural cos aspectos máis significativos desta enfermidade. O enfoque que lle deron é o propio ao estudo dun risco biolóxico.

Hai unha clara plasmación gráfica retida na icónica imaxe de Freddie Mercury, vítima desta enfermidade, un debuxo da estrutura do virus da inmunodeficiencia humana e un mapa de contaxios por comunidades.

O texto que integra esta composición é sinxelo, útil e contén información básica sobre a enfermidade.

Para acceder a todas as imaxes do traballo pinchar no enlace

SIDA

Clubs de lectura curso 22-23

LIBROS ABERTOS, o club de lectura do instituto, bota a andar un curso máis. Este ano comezamos con novos azos e con nada menos que sete clubs no Eusebio da Guarda. Botade unha ollada ao noso blog https://librosabertos.blogspot.com e se vos presta, achegádevos aos nosos clubs de lectura, diversos como diversas son as nosas afeccións, intereses e gustos. Animádevos a participar!

  • 1º ESO, club de lectura en lingua galega, profesora Sabela Prieto González (Departamento de Lingua Castelá e Literatura). Baixo os lemas: “Contra toda discriminación” e “Mulleres na nosa historia”.
  • 2º ESO, club de lectura en lingua galega, profesoras Vitoria Sánchez Regueiro (Lingua e Literatura Galegas), Eva Fernández Sieira (Lingua Castelá e Literatura) e Belén Sotelo García (Xeografía e Historia). Baixo os lemas: “Contra toda discriminación” e “Mulleres na nosa historia”.
  • 3º ESO, club de lectura en lingua francesa, profesora Mª José Barreiro López (Lingua Francesa). Baixo o lema “Au bonheur de lire”.
  • 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato, club de lectura en galego, profesora Dulce Fernández Graña (Lingua e Literatura Galegas). Aberto á participación de adultos, profesorado, PAS e familias. Baixo o lema “Racha cos prexuízos, proba en galego”.
  • 1º BACH, club de lectura de Ciencias, profesor Manuel Varela Domínguez (Bioloxía).
  • ESO, club de lectura para alumnado con NEE e inmigrante, profesora Maite Reigosa Fernández (Orientación Educativa).
  • 1º e 2º Bacharelato, ciclos FP, ESA (quenda de tarde), club de lectura en lingua francesa e LGBT, profesor François Davo (Lingua Francesa).

                                             Club de lectura Libros abertos, IES P Eusebio da Guarda

Broche final dos actos do 25N

 

fin 1 fin2 fin3

Na mañá de hoxe, 2 de decembro de 2022, un grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO E, acompañados pola súa profesora de Lingua Galega e Literatura e membro do EDLG, Beni Vidal Tomé, foi o encargado de realizar o acto simbólico de retirar o recolector de lixo colocado fronte á Conserxería, que serviu para que todo o alumnado de ESO fose botando ao longo desta semana as verbas e fraseoloxía tóxicas que elaborou, para unirse coa palabra, aos actos para eliminar a violencia contra a Muller. Conscientes da importancia da reciclaxe para termos un mundo mellor, verteron o contido do dito recolector no depósito de papel para reciclar, que está na planta baixa do edificio histórico. Reeducar no bo uso da palabra abofé contribúe a vivir nun espazo máis seguro, libre destas “violencias brandas”, que non levan a ningures.

Dende o EDLG, queremos expresarlles todo o noso agradecemento e parabéns a todas as persoas (alumnado, profesorado, persoal non docente, ….) que se implicaron nesta efeméride. Collendo emprestadas unhas verbas do esgrevio escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro, pero adaptándoas a este acto: “Mil primaveras máis para as mulleres; sen loitos, sen choros, sen feridas, ….. Con ELAS, sempre, sempre”.

                                                                                                    Teresa Pastor Novo

                                                                                                    Coordinadora do EDLG

Alumnado de Debuxo Artístico en Madrid

Do 1 ao 4 de decembro o alumnado de Debuxo Artístico estivo en Madrid acompañado polas súas profesoras Eva Vérez e Minia Prego.

Nas seguintes fotos están no museo do Prado.

Madrid 1 madrid 2

Investiga S. Rafael

 

 

 

O día 24 de novembro celebrouse no salón de actos unha charla titulada "Investiga S. Rafael" para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Bioloxía. A Xefo do grupo de inves-tigación, Plasticidade epitelial e metástase do INIBIC, Angélica Figueroa estivo acompañada pola estudante  predoctoral do INIBIC, que contou a súa experiencia como investigadora.

Para ver máis fotos pinchar no enlace

Actos 25 N

Ata cando vai durar este eterno loito?

(Actos do 25 N, organizados polo EDLG)

O pasado 25 de novembro, data que conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o EDLG organizou dous actos que se desenvolveron asemade, e que contaron coa presenza da concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Yoya Neira Fernández, e mais da coordinadora territorial dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega na Coruña, Pura Galán Boutureira.

Así, o alumnado ESO gardou un minuto de silencio nas súas respectivas aulas, no trancurso do cal ergueron papeis morados e laranxas, con léxico tóxico e fraseoloxía popular con termos descualificadores, discriminatorios ou pexorativos cara ás mulleres. Despois, botaron ao lixo eses papeis, nun recolector preparado para o efecto.

Por outra banda, representantes de todas as clases de BACH leron un manifesto coas fiestras abertas do salón de actos, para denunciar máis alto, se cabe, esta lacra da nosa sociedade. O resto do alumnado e profesorado acompañante escoitaron a lectura diante das escaleiras de entrada, na Praza de Pontevedra. Gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas deste ano, crebado á mantenta polos acordes dunha canción, a cargo de Alex García, como representante do alumnado de 1º Bach E.

Como filóloga, nestes tempos máis ca nunca, quero poñer en valor as palabras. Estas, sen dúbida, teñen un efecto positivo ou negativo en nós mesmos e nos demais, porque a linguaxe é o reflexo do noso pensamento. As verbas tóxicas limitan o noso desenvolvemento persoal; constitúen as mal chamadas “pequenas tiranías” ou “violencia branda”, que poden resultar tanto ou máis daniñas que a propia violencia física. , Con esta actividade, o EDLG quixo facerlle tomar conciencia disto a todo o alumnado e que repare en que a linguaxe é un poderoso instrumento para manifestarse dun modo ético. Temos o privilexio da linguaxe e, polo tanto, usémolo ben, porque no fondo, como expresou o filósofo existencialista Heidegger, “vivir é expresarse”.                                                        

                                                           Mª Teresa Pastor Novo, Coordinadora do EDLG 

   Para acceder ás fotos do acto pinchar na imaxe

25N

Enlaces a  vídeos:

1º Bac A

TikTok, Youtube, Instagram

1º Bac E,G de TIC

TikTok, Instagram

Clase D,E 1ºBac de TIC

TikTokInstagram

LECTURA DO MANIFESTO

Acto 1

 Acto 2 

 

 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut