Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2022-2023

Exposición de carteis 25 N e vídeo do alumnado

25N

Con motivo do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, podense ver nos taboleiros do instituto os carteis de denuncia que elaboraou o alumnado de 3ºESO, 4º ESO e 1ºBAC. 

Coordinados polas profesoras Eva Vérez (Educación Plástica e Visual) e Dulce Fernández Graña (Lingua e Literatura Galegas) dentro das actividades do grupo Iguais na diversidade, e en colaboración co EDLG estes traballos queren transmitir, a través dunha persoal expresión verbal e plástica, o sentir da mocidade ante esta realidade tan grave e próxima, así como a urxencia de atopar solucións tanto desde a educación nas familias como na colaboración de todos os sectores da nosa sociedade. Para acceder a todos os carteis pinchar no enlace

Asimesmo o alumnado de 1º bacharelato TIC, co seu profesor Serxio Gómez Recouso, elaborou o seguinte video con todo o seu cariño e creatividade. Pincha nos enlaces en:

TIK TOK   YOUTUBE  INSTAGRAM

1º Concurso de Fotohistorias do Magosto 2022

Entrega de premios do Iº Concurso de Fotohistorias do Magosto 2022: “Entre a vendima e a castañeira”.

fotohistorias do MagostoEste martes 16 de novembro foron entregados os premios do  Iº Concurso de Fotohistorias do Magosto 2022: “Entre a vendima e a castañeira”, convocado polo EDLG deste centro. A relación de persoas premiadas foi a seguinte:

    • 1º premio ao traballo presentado polo alumno ENZO BOTA PÉREZ, de 1º ESO A.

    • O xurado tamén decidiu concederlle un accésit ao traballo presentado pola alumna RUTH FERRANT CRIADO, de 4º ESO E. Por tal recoñecemento, recibiu un lote de libros en lingua galega. ( Ambos traballos na Categoría de alumnado)      

    • 1º premio ao traballo presentado pola profesora BENI VIDAL TOMÉ. (Categoría de profesorado) 

Ademais, recibiron cadanseus diplomas acreditativos.

Como quedou recollido nas bases do concurso, os 1ºs clasificados de cada categoría (alumnado e profesorado) foron premiados cada un cunha tarxeta agasallo de 20 euros, para poder ser gastados na FNAC. 

A este acto asistiron, ademais das persoas premiadas, a Directora, Isabel Ruso de Lago e a Coordinadora do EDLG,  Mª Teresa Pastor Novo. 

 Para ver todas as fotos pinchar no enlace

Parabéns e moitas grazas a todos e a todas por participar!

                                                                Mª Teresa Pastor Novo,  Coordinadora do EDLG

 

Encontro sobre desinformación con alumnado do Eusebio

O director adxunto da Representación da Comisión Europea en España, Lucas González Ojea, deu unha conferencia a un grupo de 1º Bach, 4º de ESO e 3ª ESO sobre a Desinformación que sufrimos e tratou cuestións tales como: Qué grupos son máis vulnerables fronte a desinformación? Qué medidas tomar? Poden algunhas medidas afectar á liberdade de expresión e ao debate democrático?, etc, e como loita a Unión Europea contra a desinformación.

O alumnado fixo dinámicas de grupo con disctintos representantes da Comisión Europea e por último realizaron unha Sesión Plenaria, onde os portavoces do alumnado fixeron as súas peticións e conclusións

Para acceder a todas as fotos da actividade pinchar na imaxe

encontros

Entrega de calendarios de aula

calendario de aula

Calendario de aula (EDLG)

Este martes 15 de novembro, o alumnado integrante e colaborador do EDLG foi o encargado de repartir entre as clases o calendario de aula, realizado co deseño gañador, presentado pola alumna Marta Díaz Ferreiro, de 2º BACH D, dentro Iº Concurso de Calendario de Aula 2022-2023, convocado polo EDLG. Na parte inferior do deseño van adxuntados os meses do calendario escolar, co fin de que o alumnado poida anotar os seus diversos compromisos académicos (exames, traballos, exposicións, saídas escolares, …), como viña facendo ata o de agora, pero cunha imaxe impresa, acompañada dun lema que fomenta o uso do galego. Tamén foron repartidos para o alumnado de horario vespertino.

O meu agradecemento para o alumnado encargado de levalos para as distintas clases, que fago extensivo para o persoal de Conserxaría, Belén García López e Vanessa Iglesias Ferreiro, por teren montada a estrutura final dos mesmos. 

                                                                                Mª Teresa Pastor Novo,  Coordinadora do EDLG

Premio ao noso profesor de Tecnoloxía Serxio Gómez Recouso

serxio 1

Serxio Gómez Recouso, profesor de Tecnoloxía e TIC do IES Eusebio da Guarda, recibe a peonza de Bronce da XVI edición do premio Espiral na categoría de Contornas Virtuais e Metaverso na gala celebrada en Madrid o sábado 12 de novembro de 2022.

Este é un premio moi especial que recoñece as experiencias educativas máis destacadas no ámbito da innovación e a personalización da aprendizaxe no cal participaron docentes de primaria, secundaria e Universidade tanto en España como de América Latina.

O docente emocionado dedicou o premio ao seu alumnado e lembrou o impacto que lle causou un deles, no seu primeiro ano de docencia cando lle dixo: "Profe, é  a primeira vez que aprendo algo" e desdibuxou as liñas do mestre que lle gustaría ser: demostrar ao alumnado que nos importa, crer firmemente neles, potenciar a creatividade, xerar curiosidade por aprender e axudar ao alumnado a descubrir os seus talentos, xa que absolutamente todos teñen talentos incribles e superpoderes para poder cambiar e mollorar o mundo, e por desgraza non o saben.

 serxio 2

Plan director. Congreso sobre Convivencia Escolar organizado pola Alta Inspección Educativa

A directora participou nunha mesa redonda sobre acoso escolar no Congreso sobre Convivencia Escolar organizado pola Alta Inspección Educativa.

plan director

Os premios da ESO unen ao Masculino e ao Feminino da Coruña

10 de novevembro de 2022

Os premios da ESO unen ao Masculino e ao Feminino da Coruña

Para acceder á informacón publicada pinchar no enlace

premioa na ESO

I Concurso do Calendario de Aula

7 de novembro de 2022

Gañadora do I Concurso de Calendario de Aula de 2022

calendario

entrega agasallo

 

 Na mañá de hoxe, 7 de novembro, a alumna Marta Díaz Ferreiro, de 2º BACH D, recibiu un diploma acreditativo e un premio, consistente nunha tarxeta agasallo de 40 euros, para gastar na FNAC, ao esultar gañadora do deseño do I Concurso de Calenario de Aula 2022-2023, convocado polo EDLG do centro.

A este acto asistiron, ademais da dita alumna, a Directora, Isabel Ruso de Lago, a Xefa de Departamento de Lingua Galega e Literatura, Beni Vidal Tomé, e a Coordinadora do EDLG, Mª Teresa Pastor Novo.

Parabéns e moitas grazas a todos e todas por participar!                                                                             

Mª Teresa Pastor Novo 

                   Coordinadora do Departamento do EDLG

 

 

 

Receitario do inframundo

4 de novembro de 2022

Receitario do inframundo 

 Tras a lectura, nesta 1ª avaliacón, do libro de Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta, o alumnado de 1o ESO A e D quixo sumarse á temática da morte que, cun humor maxistral, recrea a nomeada autora viguesa, con divertidas aventuras do Inframundo, protagonizadas por uns personaxes moi peculiares e divertidos. Escarlatina, unha nena cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés, coprotagoniza esta historia xunto con Román, quen recibira polo seu aniversario un agasallo moi particular. Polo libro desfilan gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos. Tecidas entre elas asistimos a múltiples peripecias, cun exquisito humor macabro. Así, o dito alumnado atendeu con interese a suxestión que lles propuxen de poñerse (expresión nunca máis acaída) “coas mans na masa” e inventar pratos cos ingredientes máis noxentos posibles, “saborentos” manxares do mundo do Alén, que constitúe un bo pretexto para renderlle unha homenaxe ao Samaín. O alumnado presentou unha carta imposible de comer no mundo dos vivos: minipizza infernal; dedos de momia; galletas de carrachas e cachos de perna humana; sopa de ouriños de can, patas de araña e ollos de robaliza; pescada á galega de lesmas e cascudas; muf ins de vermes e sangue de cabalo, ....... A exposición dos seus traballos pódese ver no primeiro andar do Edificio histórico, instalada un apropiado 2 de novembro (ou mellor dito, e recollendo a denominación máis tradicional dos meses na nosa lingua, do mes dos Mortos) do ano 2022. Abofé que a rapazada aprendeu de xeito divertido dúas leccións inesquecibles: a funcionalidade creativa da lingua e as características dun texto instrutivo. Bo traballo, chefs!!!! 

     Mª Teresa Pastor Novo  (Profesora de Lingua Galega e Literatura e Coordinadora do EDLG)

Para acceder ás fotos pinchar na imaxe

receitas                                                       

Homenaxe a Isidoro Brocos

     1 de outubro de 2022

      Homenaxe a Isidoro Brocos

  A directora do centro, xunto coa alcaldesa, rende homenaxe a Isidoro Brocos, escultor e profesor da Escola de Belas Artes do Instituto da Garda, no día de Todos os Santos

 Para acceder ao artigo publicado pinchar aquí

TIME TO MOVE

31 de outubro de 2022

TIME TO MOVE 

Un grupo de alumnos de 1º de Bacharelato participaron nunha charla in- formativa ae varios obradoiros realizados por representantes do equipode Ingalicia co obxectivo de dar a coñecer aos nosos xóvenes as diferentes opcións de movilidade dentro do marco da Unión Europea, como volunrta- riado, intercambios académicos, prácticas no estranxeiro, etc.

As actividades TIME TO MOVE ofrecen a oportunidade de preparar proxec- tos e recibir orientacións sobre as oportunidades internacionais que lles interesen.

Para acceder as fotos da charla informativa pinchar aquí

Xacobe Pato, exalumno do centro

30 de outubro de 2022

Xacobe Pato, exalumno do centro, saltou ao papel con "Seré feliz mañana"

Para acceder ao artigo publicado en prensa pinchar na imaxe

ex alumno

Xornada de convivencia en Vilasantar

26 de outubro de 2022

Xornada de convivencia na Escola Ecolóxica de Vilasantar

O pasado 24 de outubro a rapazada de 4º de ESO estivo coa asociación Raíña Paraíso na Escola Ecolóxica de Vilasantar. Un proxecto de inclusión social no rural. Foron acompañados polos profesores Serxio Gómez e Antonio Fondo. A experiencia resultou moi grata, para moitos foi un auténtico bautismo rural. Salientable o comportamento de todos eles.

Para acceder a todas as fotos pinchar na imaxe

Intercambio IES Eusebio da Guarda-Collège Irène Joliot-Curie

25 de outubro de 2022

Intercambio IES Eusebio da Guarda-Collège Irène Joliot-Curie


Os alumnos e alumnas do colexio Irène Joliot-Curie de Fontenilles, estiveron na nosa cidade este mes de outubro, do 15 ao 21, no primeiro encontro do intercambio que desde hai dez anos realizamos con este centro, só interrompido polos anos de pandemia. Trinta e tres alumnos e tres profesores gozaron da acollida das familias españolas e de numerosas actividades coordinadas polos membros do departamento de francés. Realizamos con eles dúas excursións : a última etapa do Camiño de Santiago e unha ruta marítimo fluvial entre Pontecesures e Vilanova de Arousa, onde foron recibidos polo seu alcalde e na que contamos coa colaboración do noso compañeiro Antonio Fondo, a quen agradecemos o seu labor de guía ao longo da xornada. Co alumnado do ciclo de Guía, información e asistencia turística pasearon pola a cidade, atentos ás súas explicacións. Tamén visitaron os museos científicos, o Aquarium Finisterrae, a Torre de Hércules, o Castelo de San Antón e a Casa Picasso. Por último, coñeceron a historia do noso centro da man da nosa directora, Isabel Ruso e como despedida, tivemos unha divertida e emotiva festa na sala Picasso, con actuacións dos alumnos e alumnas, á que acudiron convidadas as familias e que finalizou cun buffet ofrecido polas familias e servido polo alumnado do ciclo de Axencias de viaxe e xestión de eventos, na biblioteca do instituto.
As familias francesas agradecen a calorosa acollida e o bo trato que recibiron os seus fillos e fillas e xa nos esperan para o mes de marzo, cando terá lugar a segunda parte deste intercambio. Grazas a todas as persoas que fan posible esta enriquecedora experiencia!

intercambio francés     

 

Visita da Coruña da man do alumnado de 2º Ciclo Superior

25 de outubro de 2022

 

Visita da Coruña da man do alumnado de 2º de Ciclo superior

 

ciclos francés por Coruña

 

Como xa é tradición, o luns 17 de outubro, o alumnado de francés de 2º de GIAT, acompañado polo seu profesor François Davo, fixo de guía turístico para o alumnado francés e o seu profesorado do Collège Irène Joliot-Curie (Fontenilles) no marco do intercambio - xa todo un clásico do noso instituto-,  que organiza o Departamento de Francés para o alumnado de 3º de ESO. Desfrutaron dun paseo moi agradable para descubrir lugares emblemáticos do centro da nosa cidade.

Convocatoria do XVIII Concurso Literario Rita Suárez Amado

18 de outubro do 2022

Convocatoria do  XVIII Concurso Literario Rita Suárez Amado

Para aceder ás bases pinchar na imaxe

O periodismo é máis necesario que nunca nunha clase da ESO

12 de outubro de 2022

O periodismo é máis necesario que nuncha nunha clase da ESO

Sabela Prieto, profesora de Lingua Castelá do noso centro e gañadora do premio Periodismo na Escola da Voz de Galicia e Norvento, fala no seguinte artigo sobre a importancia do periodismo nunha clase da ESO.

Para acceder ao contido do artigo pincha na imaxe.

O noso alumno Santiago Vilas no XXV Cume Hispano Alemán

7 de  outubro de 2022

Santiago Vilas no XXV Cume Hispano Alemán celebrado na Coruña

Para acceder á toda a información do artigo da Opinión pinche no enlace

 

 

Proxectos en muro compartido

6 de outubro de 2022

Proxectos en muro compartido

O alumnado da profesora Tatiana Saldaña elaborou fiferentes traballos  sobre os temas estudados na clase: apariencia física, cine, hallowen... Estes traballos subíronse a un muro compartido a través dunha aplicación chamada Padlet. Deste xeito todo o alumnado puido ver o traballo feito polo resto e aprender de forma colaborativa, ademáis de fomentar a competencia dixital. Pode accederse a ditos traballos pinchando nos enlaces dos grupos que participaron:

                                                        1º ESO BD       1º BAC      3ºESO AD     

           

Exposición " A lírica galego-portuguesa medieval"

 

4 de outubro de 2022

Exposición: A lírica galego-portuguesa medieval: códices, facsímiles e libros antigos.

A poesía galego-portuguesa medieval, unha das grandes xoias das nosas letras, conservada fundamentalmente nos Cancioneiros da Biblioteca Nacional de Lisboa, da Biblioteca do Vaticano e no Cancioneiro de Ajuda, foi composta nun período especialmente rico para a historia e a cultura do occidente medieval. Os límites cronolóxicos da nosa lírica trobadoresca van dende finais do século XII ata mediados do XIV, acontecendo no 1354 o pasamento do conde de Barcelos, considerado o último trobador e mecenas da lírica galego-portuguesa.

A nosa lingua adquire un momento culminante nesta época, en que é cultivada por todas as capas sociais. A nivel literario, o prestixio do galego acada cotas excelsas e servirá de canle para compoñer un corpus de poesía medieval recoñecido alén e aquén das nosas fronteiras.

Así pois, o Departamento de Lingua Galega e Literatura, en colaboración co EDLG, organiza esta exposición que, baixo o título A lírica galego-portuguesa medieval: códices, facsímiles e libros antigos quérelle amosar a toda a comunidade educativa do centro (especialmente ao alumnado de 3º ESO e 1º BACH, por ser unha parte fundamental do currículo de ambos niveis) a importancia que tivo a tradición manuscrita recompilada nos códices. De entre toda a extensa tradición compilatoria que se pode ver nesta exposición, cómpre destacar os facsímiles dos tres grandes cancioneiros antes nomeados,o Códice do Escorial das Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio ou o Breviariode Amor, cuxa primeira versión estaba en occitano e do que se expón o manuscrito valenciano do século XV. Á parte disto, ilustran a exposición unhas láminas que recrean diversos aspectos da época trobadoresca, reflectidos nas cantigas, como algunhas clases sociais vítimas das principais invectivas das cantigas satíricas (como as abadesas), xograres segundo manuscritos dos séculos XI e XII, a relación de vasalaxe establecida entre o trobador e a senhor (recollida no libro Feodorum Maior, do século XII) ou unha miniatura do Libro de los juegos (conservado no Mosteiro de El Escorial), onde aparece Afonso X ditándolle ó seu amanuense.

Sen ningunha dúbida, este viaxe ao pasado coa mellor compañía posible, os libros, supón un merecidísimo tributo a un período lingüístico- literario inesquecible da nosa identidade.

                                                                  Teresa Pastor Novo (Coordinadora do EDLG)

  • Para acceder ás fotos da exposicición pinchar na imaxe.
  • Para acceder a máis fotos sobre a exposición pinchar no enlace

Distribuir contido


by Dr. Radut