Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2022-2023

Exposición " A lírica galego-portuguesa medieval"

3 de outubro de 2022

EXPOSICIÓN “A LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA MEDIEVAL”. CÓDICES MEDIEVAIS, FACSÍMILES E LIBROS ANTIGOS.

O Departamento de Lingua Galega e Literatura organiza a exposición “A Lírica Galego- portuguesa medieval”. Códices medievais, facsímiles e libros antigos.

Expóñense os facsímiles dos tres Cancineiros da Lírica Galego-portuguesa: o Cancioneiro de Ajuda, o Cancioneiro da Vaticana e o Cancioneiro Colocci-Bracutti, ademais do Códice do Escorial das Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio.. Acompañando os facsímiles aparecen unhas láminas explicativas da Lírica trobadoresca conxuntamente con outras de imaxes medievais. Completan a exposición diferentes publicacións sobre esta etapa fundamental da nosa literatura así como outros facsímiles como o Breviario de Amor escrito primitivamente en occitano e do que presentamos o manuscrito valenciano do S.XV, a Biblia Pauperum do ano 1.360; o Libro dos Animais de 1.460, o Libro de Horas de fins do S.XV, o Códice Tudela de 1.553, o Libro dos Torneos dos Cabaleiros do Kraichgau de 1.616,Ttratados de Anatomía: un do ano 1.560, outro de 1.800 e un terceiro de 1.831. Completan a exposición libros antigos como A vida de Fray Luís de Granada do Licenciado Luís Muñoz, de 1.639, O Teatro crítico universal do P. Feijoo de 1.758 ou Psicología, Lógica y Ética de D. Bartolomé Beato de 1.884.

Obxectivo: Que o alumnado de Lingua Galega e Literatura (sobre todo 1ºde Bacharelato) coñeza de primeira man o que supuxo a Escola Galego-portuguesa e a cultura trobadoresca na história da Literatura Galega así como aprezar o mundo dos códices, manuscritos, facsímiles e demais publicacións que se expoñen..

A exposición permanecerá o mes de outubro no primeiro andar do instituto.

Para acceder ás fotos da exposición pinchar na imaxe

Roteiro pola Coruña modernista

Martes 27 de setembro de 2022

Roteiro pola Coruña modernista 

Este pasado luns 26 de setembro un grupo de profesores e profesoras participou no roteiro A Coruña modernista, organizado polo Departamento de Xeografía e Historia, en colaboración co EDLG. O profesor Abel Fernández Maroño foi o encargado de explicar a historia dos edificios máis emblemáticos deseñados nese estilo artístico, construídos na cidade herculina nos primeiros anos do século pasado. Resultou moi interesante porque, á parte da información histórica achegada, serviu tamén para recrear curiosas anécdotas relativas á flora dos Xardíns de Méndez Núñez, costumes cotiás das mulleres doutrora, modas provenientes de ultramar ...... Mesmo algún dos asistentes tamén comentou curiosidades de certos nomes das rúas que antes foran castelanizados, pero que recuperaron a toponimia orixinaria galega e que explican moitos detalles da historia da nosa cidade, como a rúa Alcabaleiros, que eran os que cobraban as alcabalas (os tributos que os vendedores lles pagaban ao fisco nos contratos de compravenda e os dous contratantes, no de permuta). Tamén a profesora de Lingua galega e literatura Beni Vidal comentou a malfadada Casa Viturro, ao redor dun episodio de violencia machista acontecido nela hai moito tempo, que xa recrea a escritora Antía Yañez en Senlleiras. Esta lenda negra presente nesta edificación queda patente ou rexistrarse outro infortunio hai poucos anos. En resume, un roteiro moi interesante, que mesmo puideron seguir os participantes con cadanseu folleto explicativo, na tradución e confección do cal colaborou o EDLG. Aquilo que dixera Viente Risco de que : “Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo”, sen ningunha dúbida podería aplicárselle á nosa cidade, porque descubrimos nunha hora de roteiro un mundo de historia sobre a universalidade da nosa urbe. 

                                                         Teresa Pastor Novo (Coordinadora do EDLG)                                                                                                                                                                                                                    

 

Presentación na sede do Parlamento Europeo en Madrid do Proxecto "Europa mira ao Mar"

15 de setembro de 2022

Presentación na sede do Parlamento Europeo en Madrid do Proxecto "Europa mira ao Mar"

Os días 4 e 5 de setembro unha representación de 9 alumn@s de 1º de Bach, que traballaron no Proxecto TADEUS,  acompañados polas profesoras Mª José Barreiro e Mª José Rivas, viaxaron a Madrid para presentar o seu Proxecto de investigación dos Fondos Estructurais da UE.

A presentación tivo lugar na sede do Parlamento Europeo en Madrid onde foron recibidos por Teresa Coutinho, Directora da Oficina do Parlamento Europeo en España, e Juan González Mellizo, Xefe de Comunicación e prensa da Comisión Europea, entre outros membros. Interveu tamén no acto Nino Versace, Director de Ingalicia.

Ao rematar a presentación os nosos alumnos recibiron os diplomas acreditativos do 2º Premio polo Proxecto na sede de INJUVE, onde foron recibidos por David Lafuente, subdirector de INJUVE España e pola directora adxunta, Cristina Naveira, que nos fixeron entrega dunha placa de recoñecemento polo proxecto "Europa mira ao mar"

PARABENS aos nosos alumn@s polo traballo realizado !!!

Para acceder a todas as fotos pincha na imaxe.

 

O Instituto Eusebio da Guarda prepara a volta do seu alumnado ao novo curso

7 de setembro de 2022

 Artigo da Opinión sobre a volta ás aulas. Pinche na imaxe para acceder á información

Xornada benvida ao novo profesorado en Santiago

6 de setembro de 2022

Xornada de benvida ao novo Profesorado en Santiago

A directora do Instituto deu a benvida ao novo Profesorado de Ensino Secundario no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.

Pincha na imaxe para acceder a máis información.

Programas e Proxectos nos que participa o Instituto

Programas e Proxectos nos que participa o Instituto Eusebio da Guarda 

Distribuir contido


by Dr. Radut