Obxectivos e contidos mínimos en Física e Química

1.- OBXECTIVOS XERAIS.

Para ESO

-
Inicia-lo alumno no coñecemento e na aplicación do método científico e
entende-la Ciencia como algo integrado que se compartimenta en
distintas materias para poder afondar nos diferentes aspectos da
realidade.

- Ser capaces en situacións cotiáns de identificar
conceptos científicos e valora-la súa utilidade para realizar
descricións interpretativas de feitos e fenómenos do entorno.

-
Distinguir feitos e interpretacións e, aplicando algún procedemento
científico realizar actividades para resolver algunha
situación-problema concreto.

- Comprender e expresar mensaxes
científicas utilizando a linguaxe oral e escrita con propiedade, así
como interpretar diagramas, gráficas, expresións matemáticas sinxelas e
outros modelos de representación.

- Interpretar cientificamente os principais fenómenos naturais, así como as súas posibles aplicacións tecnolóxicas

-
Realización en equipo de actividades científicas, valorando tódalas
contribucións, mostrando unha actitude flexible e de colaboración e
asumindo responsabilidades no desenvolvemento das tarefas.

-
Contrastar e avaliar informacións obtidas en diferentes fontes sobre
cuestións científicas e tecnolóxicas básicas do noso tempo.

- Apreciar a importancia da formación científica, e valorala como un proceso sometido a revisión continua.

- Utilizar os coñecementos sobre a Física e a Química para gozar do medio natural.

Entende-lo
coñecemento científico como algo integrado e como un proceso en
construcción, no que participan distintas disciplinas para afondar nos
diferentes aspectos da realidade

Para 1º BACHARELATO

Interpretar as leis da Natureza aplicando formulación matemática

Iniciarse na aplicación do método deductivo nas leis Fisico-Quimicas

Ser capaz de interpretar de xeito rigoroso os fenómenos físicos e químicos

Adquirir hábitos de razoamento a partir de conceptos

Ser capaces de expresar os resultados dunha experiencia correctamente

Para 2º BACHARELATO

Tanto
os obxectivos como os contidos e temporalización de 2º BACHARELATO
serán os propostos polo Grupo de Traballo de Física e de Química da
CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) por seren quen elaboran
as PAAU
Programación oficial do departamento de Física e Química do IES de Fene , curso 2006-2007 [250 KB]
Descaga este documento para ver os contidos mínimos de cada curso así como os criterios de avaliación