INFORMACIÓN SOBRE PROXECTOS EUROPEOS

Sonriente INTERCAMBIO: No DOG do 7 de xullo sae publicada a concesión da axuda para participar no intercambio de alumnos co centro italiano, Istituto Carlo Scarpa de San Doná di Piave, Venecia. A viaxe realizarase a poder ser na primeira quincena de outubro de 2009. O sistema de intercambio é de familia a familia. Os nosos alumnos estarán acompañados por dous profesores do centro e aloxaranse na mesma localidade. As actividades que realizarán serán de tipo didáctico, nas que se incluirán actividades no centro de acollida e visitas ás cidades monumentais do entorno: Venecia, Vincenza, Padua, Trieste, etc… Descargar ficheiro DOG 

  Sonriente COMENIUS : Temos a aprobación do proxecto multilateral Comenius, titulado “O mar, conexión de culturas”, que inclúe a participación dos seguintes centros:- Istituto Tecnico Statale Per Geometri “Carlo Scarpa” (Italia)- Lycée Mahatma Gandhi (Francia)

AdxuntoTamaño
DOG_20090707_NUM_131.pdf999.59 KB