BENVID@S

Desde o martes 9 de febreiro ata o 16, estiveron connosco un grupo de alumnos e profesores italianos. A visita enmarcase nun intercambio co “Istituto Carlo Scarpa” de San Doná di Piave. Durante unha semana houbo tempo para visitar as nosas instalacións, visitar Ferrol, Coruña, Santiago e Lugo, participar nos actos do entroido e disfrazarse no noso instituto e tamén foron recibidos polo alcalde no Concello. O luns e martes de entroido fixeron un pequeno tramo de 5 km do Camiño Francés nas proximidades do Cebreiro acompañados de profesorado e algúns pais nais e estudantes do centro.  Foi unha semana de aventuras na que novos e menos novos aproveitaron para facer amizades.