Carreira solidaria por Haití. Entrevista a Félix Freire

Gústame correr, e se é para recadar diñeiro para unha acción solidaria, ilusióname máis aínda.


A comisión que forma a Axenda Escolar 21 organiza unha carreira solidaria para recadar fondos de axuda a Haití o venres 26 de febreiro. Nesta carreira participan alumnos e alumnas deste instituto. Un dos participantes, Félix Freire Pedreiras, alumno de 4º de ESO responde ás preguntas que lle fai o equpo web acerca desta carreira. O primeiro que tivo que facer foi buscar patrocinadores, que son os que van aportar 50 céntimos cada un por cada volta que Félix percorra na pista de atletismo de uns 250 metros. Conta con 4 patrocinadores entre o profesorado do instituto. 

Equipo web: Practicas habitualmente atletismo?

Félix:  Si, practícoo pola miña conta, non estou federado, pero eso non me impide que cada fin de semana cruce a ponte das Pías correndo.

E.w.: Canto cres que podes recadar nesta carreira?

Félix: Bueno... non sei.... Pero coido que nunha hora podo percorrer 13 ou 14 km, o que supón dar unhas 50 voltas á pista. Iso en diñeiro, equivaldría a 100 euros, o que non está nada mal...

E.w.: Quere iso dicir que te conformas dando 50 voltas?

Félix: Un sempre trata de conseguir o máximo, pero tamén depende de como me atope físicamente ao longo da carreira. Ás veces a fatiga chega antes.

E.w. Estás ilusionado coa participación na carreira?

Félix:  Gústame correr, e se é para recadar diñeiro para unha acción solidaria, ilusióname máis aínda.