Concurso AULA MÁIS SOSTIBLE 2009-2010

   

CONCURSO AULA MÁIS SOSTIBLE  09-10


Que é unha aula “sostible”?
É unha forma de considerar a aula como un espazo para:
•    Procurar un ambiente acolledor e propicio para o noso traballo diario.
•    Facer un uso racional dos recursos ao noso dispor.
•    Usar as enerxías con responsabilidade.
•    Fomentar a orde e a limpeza.
•    Cooperar co obxectivo do benestar colectivo.

Data de Inicio: XA              Data de Remate: Finais de Maio          

 


BASES
1.    O xurado valorará :
•    Limpeza de mesas e cadeiras.
•    Uso eficiente da luz eléctrica.
•    Evitar fugas de calor cando usamos a calefacción.
•    Uso das bandexas e colectores de papel.
•    Taboleiros de anuncios ordenados .
•    Outras iniciativas propias de cada grupo en busca da sostibilidade e de aulas máis acolledoras.
2.    Periódicamente e sen previo aviso, o xurado revisará as aulas e publicará os resultados.
PREMIO
Excursión para toda a clase a un lugar de interese medioambiental en Xuño

NOTA: quedarán excluidos aqueles alumnos que boicoteen o desenvolvemento do concurso.

O COMITÉ AMBIENTAL
 

Distintos colectores para recoller os distintos tipos de residuos no IES

 
 Fotos da visita ás Illas Cíes do alumnado da aula mais sostible do curso pasado