O Ronsel 2011, a revista do IES de Fene

 O  Ronsel  reaparece.  Como o seu nome indica, nestas páxinas atoparás as pegadas que van deixando algunhas das actividades que se realizan no noso instituto. Como sempre dicimos, nin están todas, nin tampouco as que están aparecen por seren as mellores. Son, simplemente, algunhas. Moitas delas, iso si, xa forman parte do discorrer cotián da propia actividade académica diaria ou  son xa tradicionais no IES.

  Continuamos un ano máis coa crise chantada enriba de todos e todas. Falamos da crise económica e falamos da crise de identidade. Falamos de cartos e falamos de actitudes.  Estamos certos de que virán tempos mellOres nos que botaremos a vista atrás e veremos que moitos receos están superados porque o tempo pon as cousas no seu sitio.

  Este ano celebramos o Día das Letras conmemorando a figura de Lois Pereiro. Pero este ano, ademais, coincidiron outros moitos aniversarios de figuras importantes da nosa cultura, moitas das cales foron tamén homenaxeadas polo noso profesorado e alumnado, e por iso, precisamente, terán o seu reflexo nestas páxinas que tes diante.

  Desexamos, como sempre, que vos guste o que vén a continuación e que sigades traballando como até agora.

  Un saúdo.

Ver O RONSEL -Nº 11     -    Ver edicións anteriores