O Ronsel do Paroleiro nº 12, on-line

Xa está na rede o nº 12 do Ronsel do Paroleiro. Este ano, na revista do instituto, temos unha ampla reportaxe sobre a nosa participación no Parlamento Xove. Non faltan os ganadores do concurso de cartas de amor e os do concurso de poemas. Tamén hai unha entrevista con Antón Muñiz falando da historia e das árbores do pazo de Barallobre, algo de deportes, os recortes na educación vistos por un pai, o Erasmus no que estamos a traballar,... O prezo da edición en papel é de só 50 céntimos destinados integramente á Cociña Económica de Ferrol.

Agradecemos especialmente a Roberto Marín que nos prestase a foto da portada que nos serve para reivindicar que aquí sabemos reparar e facer barcos.