Concurso para alumnado de FP #lovemyapprenticeship

Concurso interesante para alumnado de ciclos formativos, un concurso de fotos e vídeos para alumnado de Formación Profesional de toda Europa

So hai que facer fotos e vídeos no taller onde fas as prácticas e publicalo en Facebook, Twitter ou Instagrams coa frase "Participo en el concurso  #lovemyapprenticeship"

 O concurso está aberto dende o 26 de outubro ao 23 de novembro e podes consultar aquí as Bases do concurso

 Hai un 1º premio que consiste nunha viaxe de dúas semanas a un país estranxeiro para realizar un curso de idiomas,  e outros 15 premios de un pauselfie, un obxectivo ollo de peixe ou unha batería externa portátil

Acceso á web do concurso que contén fotos xa enviadas