CURSO “EMPRENDE CON ÉXITO FERROLTERRA”

O centro de emprego do concello de Ferrol organiza un curso, "Emprende con éxito Ferrolterra" dirixidos a futuros emprendedores da comarca. 

  • Entidade organizadora: Centro de Emprego de Ferrol
  • Destinatarios: 15 proxectos emprendedores da comarca de Ferrol, Eume e Ortegal presentados con data límite 18/4/2016
  • Duración do curso: 200 horas

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, sito en Praza de Armas, s/n, en horario de 9:00 a 14:00. Presentarase en sobre pechado, consignando no exterior o nome do curso “Emprende con Éxito Ferrolterra” e os datos do solicitante.

 

Información http://www.ferrol.es/emprego