Animación á lectura

Valoración da experiencia Tempo de Ler

Presentamos no arquivo adxunto o informe sobre a enquisa ao profesorado no relativo á actividade Tempo de ler

Concurso de relato de Nadal

BASES:

1.- Poderán participar todolos alumnos/as do I.E.S.Francisco Aguiar, en tres categorías:

a) 1º ciclo da E.S.O.

b) 3º e 4º da E.S.O.

c) 1º e 2º de Bacharelato

2.- O relato poderá estar escrito en galego , castelán, inglés ou francés.

3.- O motivo será : “O Nadal”

4.-O prazo de entrega será ata o día 12 de decembro. Os relatos irán asinados cun seudónimo . Introduciranse dentro dun sobre no que figurará o seudónimo e  incluiranse nunha ficha os datos  do autor/a. Depositaranse nas conserxerías do Centro.

5.-O xurado estará formado por profesores do grupo de traballo da Biblioteca

6.-O resultado farase público no taboleiro  e na Biblioteca do Instituto.

7.-PREMIO 

Guay¡SORPRESA!Sorprendido    

 

 

 

Tempo de le(ce)r (IV)

Do 28 de Novembro ao 2 de Decembro  de 2011

ler forges

E unha semana máis, e xa van  catro, continuamos a experiencia de "tempo de lectura" no nivel de ESO.

Esta semana do 28 de novembro ao 2 de decembro, o tempo de lectura terá lugar nos quince primeiros minutos da cuarta hora.

 

 

 

Biblioteca Virtual Galega

biblioteca virtual galegaEnlace á web da Biblioteca Virtual Galega onde podedes atopar, entre outras cousas, obras de autores galegos dispoñíbeis para ler.

Tempo de le(ce)r (III)

Do 21 ao 25 de Novembro de 2011

gameboy

Continuamos ca experiencia de "tempo de lectura" no nivel de ESO.

Esta semana do 21 ao 25 de novembro, o tempo de lectura terá lugar nos quince primeiros minutos da terceira hora.

 

Bibliotecas escolares de Galicia

 

 

Enlace á web da Xunta de Galicia Bibliotecas escolares de Galicia, con enlaces, novas, experiencias doutros centros educativos,  ..... e moitas cousas máis.

A ilustración corresponde ao "Cartaz de Bibliotecas Escolares de Galicia 2011-2012" deseñado por  Emma Ríos, ilustradora galega do mundo da banda deseñada, interpreta o lema escollido para este curso 2011/2012: Biblioteca escolar, última xeración.

 

 

 

 

 

Tempo de le(ce)r (IIª Semana)

Do 14 ao 18 de Novembro de 2011

 

Continuamos coa nosa experiencia "tempo de le(ce)r".

Imos coa segunda semana. Desta vez será o principio das segundas horas  de cada día o que adicaremos á lectura.

Polo de agora a experiencia vai bastante ben.

  1. As bibliotecas-caixas-mochilas das aulas están a xogar un bo servicio.
  2. Ampliamos a experiencia á lectura en formato dixital nas clases de informatica.
  3. En xeral profesorado e alumnado valoraron como moi interesante a experiencia...

Tempo de lectura (I)

Do 7 ao 11 de Novembro de 2011

ler

No noso Instituto imos comezar unha experiencia de "tempo de lectura" no nivel de ESO.

Consiste en adicar 15 minutos ao inicio das clases para que o alumnado poida ler de xeito individual aquilo que desexen. Poden ler os libros de lectura obrigatoria ou calquera outro que elixan. Poden ler libros de ficción, de divulgación, comic, revistas....

A experiencia desenvolverase, inicialmente, durante 6 semanas.

Na primeira semana do 7 ao 11 de novembro, o tempo de lectura terá lugar nos quince primeiros minutos da primeira hora.

 

 

 

Distribuir contido