Extraescolares e complementarias

Semana Internacional da Compostaxe

O 5 de maio de 2022 o noso alumnado de 3º ESO PMAR participou na Xornada de Divulgación da Compostaxe organizada polo concello de Tui:

 

Para máis información, preme na seguinte ligazón: INFOMIÑO

Imaxes do intercambio co alumnado de Lisboa 21-22

Premede na imaxe que tedes a continuación para ver as fotos do intercambio co alumnado de Lisboa:

Visita a Celanova. 3º ESO

Pinchando a seguinte ligazón poderedes ver as imaxes da saída que o alumnado de 3º ESO realizou a Celanova:

Visita a Rianxo e Vilanova de Arousa

O pasado 20 de abril o noso alumnado de 4º ESO foi a Rianxo e Vilanova de Arousa. Entre outras cousas, fixeron a rota dos escritores rianxeiros e visitaron a casa-museo de Valle Inclán. Pódense ver as fotos do evento pinchando na imaxe que figura a continuación:

Obradoiros igualdade

A inicios do mes de abril do presente curso académico, o noso alumnado de ESO, Bacharelato e 2º FP Básica participou nunha serie de obradoiros de igualdade, de diversas temáticas: relacións tóxicas, violencia de xénero, mitos do amor romántico e amor propio. Para isto foi imprescindible a cooperación do concello de Tui, particularmente a concellería de igualdade, a quen lle estamos moi agradecidos/as por faciltarmos estes obradoiros.

Obradoiros de Igualdade: concello de Tui

O noso alumnado de ESO, Bacharelato e 2º FP Básica participará en disitinos obradoiros facilitados polo concello de Tui sobre igualdade. 

Hoxe, 1 de abril, os alumnos/as de 1º ESO inician este ciclo de obradoiros nun taller sobre relacións tóxicas. Estes obradoiros continúan o luns 4 (En busca do amor propio) e martes 5 de abril (Mitos do amor romántico) para o alumnado de 3º, 4º ESO, 2º FP Básica e 1º Bacharelato, e péchanse o 6 de abril cunha charla final para 1º e 2º ESO: Violencia de xénero. Unha historia real.

Agradecemos enormemente ao concello de Tui a posiblidade de participar nestes obradoiros, especialmente, á Concellería de Igualdade.

 

Fotos do obradoiro de xoguetes tradicionais

Pincha o cartel da actividade para ver as fotografías do obradoiro de xoguetes tradicionais organizado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura:

Entroido 2022

Velaquí tedes as fotos do festexo do Entroido deste ano:

FOTOS ENTROIDO 2022

O Meco xa chegou ao Indalecio!!

O Meco xa chegou ao Indalecio!! Achégate pola zona de conserxería e mira a ver que manda traer o Meco para este luns:

 

Festexa o Entroido!!

O noso centro quere volver a festexar o Entroido co seu alumnado, pero para iso tedes que participar. Lede as bases do Entroido deste ano, e lembrade, se non hai unha participación mínima non podemos celebrar este evento tradicional. Así que, animádevos!!

Distribuir contido