Extraescolares e complementarias

Homenaxe ás vítimas da COVID

O venres 12 de marzo o alumnado e profesorado do noso centro participará nunha homenaxe a todas as vítimas da COVID, o virus que hai agora un ano cambiou radicalmente as nosas vidas. Vestidos de negro ou verde (reflectindo o luto e a esperanza) gardarán no patio do instituto un minuto de silencio por todos aqueles que perderon familia, que perderon a vida, que padeceron a enfermidade, e por todos aqueles que loitan contra esta pandemia para devolvernos a esperanza.

Concurso de contos da Vila de Pontedeume

Avísase ao alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de que o concello de Pontedeume convocou o XXXI Concurso de Contos Vila de Pontedeume. O primeiro premio en caso de que haxa gañador é de 600 euros. A imaxe que figura a continuación levaravos ás bases desta certame.

Concurso de Caricaturas 2021

Na seguinte presentación tedes algúns dos traballos presentados a concurso este ano e veredes os gañadores de cada modalidade de participación:

 

Rebrote de Crepusculose

O punto de información sobre a extraña enfermidade denominada Crepusculose xa está rematado. Achegádevos a el para coñecer todo sobre a última cepa (Sol de medianoche) e tomade moitas precaucións para non contaxiarvos con esta plaga.

Concurso "Mascarillas". Entroido 2021

Este ano convocamos un novo concurso: animámosvos a decorar as máscaras anticovid coma máscaras de entroido. Lede con atención as bases do concurso:

BASES

 

 

Concurso de caricaturas. Curso 2020 - 2021

Atención!! Velaquí están as bases do Concurso de caricaturas que tradicionalmente o departamento de Educación Plástica e Visual organiza no noso centro. Lede detidamente as bases e animádevos a participar!!:

BASES

 

 

 

Taller de montaxe de microscopios

O pasado 14 de decembro o alumnado de 1º Bacharelato asistiu a un taller de montaxe de microscopios. O obradoiro resultou moi interesante, e, dende o centro (alumnado, dirección e xefa do departamento de bioloxía e xeoloxía) queremos agradecer ao relator a súa boa disposición para atender aos nosos alumnos e alumnas.

 

Álbum de fotos: Entroido 2020

A continuación, móstrase o conxunto de imaxes que os nosos fotógrafos/as acreditados/as fixeron da festa do Entroido:

ÁLBUM DE FOTOS DO ENTROIDO 2020

IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN

 

Sabores do mundo 2019

Xa están na nosa páxina de Facebook as fotografías de Sabores do mundo de 2019. Noraboa aos gañadores!!

 

 

 

 

Homenaxe aos mártires de Sobredo

Distribuir contido