Extraescolares e complementarias

Fotos do Magosto 2019

As fotos da celebración do noso Magosto xa está na páxina de Facebook do noso centro. Non volas perdades: fotos magosto

Campionato de futbito 2019-2020

Este curso académico, baixo a iniciativa do alumnado de Ciclo Medio de Electricidade, celebrarase o I Campionato de Futbito no noso centro. Os partidos xogaranse durante os recreos dos mércores e venres. No enlace que tedes a continuación poderedes ver o calendario establecido ata final de curso, así como no taboleiro de anuncios. A liga comezará este mércores 20 de novembro

Lembramos que o campo de futbito do centro queda entón reservado durante estes dous días (mércores e venres, agás días excepcionais) para o desenvolmento do torneo nos recreos: o primeiro recreo será o primeiro tempo do partido, e no segundo recreo xogarase o segundo tempo. En caso de chuvia, un dos tempos do partido ou o partido completo se suspenderá e se xogará outro día. Tampouco se celebrará o torneo cando haxa unha celebración no centro (Sabores do Mundo, Entroido...).

No calendario figuran cando se xogarán os partidos e os equipos que competirán. Hai que ter en conta que en cada xornada un dos equipos da liga descansará, pero todos xogarán o mesmo número de partidos, de tal xeito que isto non afectará á puntuación final. Se un equipo ten a necesidade de cambiar un partido (por exame, saída didáctica...) pode facelo, pero ten que comunicalo previamente en Vicedirección ou ao alumnado de I Ciclo Medio de Electricidade responsable da actividade. De non facelo, non se xogará o partido e sumará os puntos o equipo contrario.

CALENDARIO DE FUTBITO

Saída ao Museo Liste (Vigo)

O noso alumnado de 2º ESO foi visitar o pasado 12 de novembro o Museo Liste de Vigo. Como podedes ver nas imaxes o museo é moi interesante e sorprendente:

  

Concurso de imaxes cooperación para a igualdade e prevención contra a violencia de xénero

Como xa moitos de vós sabedes, hai un concurso de imaxes para colaborar a lograr a igualdade e previr e erradicar esta lacra que afecta á nosa sociedade chamada violencia de xénero. Premendo na imaxe que vedes a continuación poderedes acceder ás bases do concurso. Animádevos a participar nesta iniciativa.

Por último, deixamos algunhas das fotografías que os organizadores deste concurso fixeron durante as charlas que tiveron co noso alumnado:

III Concurso contra a violencia de xénero

Se pinchades na imaxe, atoparedes as bases do III Concurso de Debuxo e Relato Curto contra a violencia de xénero, organizado pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra. Animádevos a participar!!

Sabores Do Mundo

Fai algúns anos, o departamento de Orientacións do noso Centro baixo a coordinación de Mª José Solleiro, estaba tentando aportar inciativas de como integrar ó alumnado de outros lugares xeograficos e convertir iso que algúns ven como un problema, a inmigración, nunha vantaxe, nunha diferenza que nos mellorara cultural e persoalmente. Nesa discusións de que podiamos ou non facer, xurdiu a idea de que o alumando levara algo típico do seu lugar de orixe e explicara o resto do alumnado porque e para que se facía. O máis doado e pracenteiro era a comida, e por ahí empezou todo.

Dende entón, o alumnado foi vendo a oportunidade de coñecer mellor ó alumnado inmigrante e viceversa e foi vendo a posibilidade de aportar máis información mediante escenografía e dramatizacións, creando decorados espectaculares con materiais de refugallo e low cost total, implicando as familias na elaboración dos pratos e como non, implicando a toda a comunidade escolar na integración total de culturas e roles sociais do Centro. Así, este ano participaran no xurado por 1ª vez, alumnado, representantes da ANPA, do persoal de servizos e profesorado e contaremos tamén por 1ª vez con tres categorías e con tres premios.

BASES

CATEGORÍAS E PREMIOS

Haberá tres categorías, polo tanto seis premios:

Categoría I: 1º e 2º ESO.

- Primeiro premio

- Segundo premio (diploma)

Categoría II: 3º e 4º ESO

- Primeiro premio

- Segundo premio (diploma)

Categoría III: Bacharelato e Ciclos Formativos

- Primeiro premio

- Segundo premio (diploma)

CRITERIOS 

  • Implicación do grupo-clase.
  • Traballo en equipo.
  • Que as receitas estean debidamente contextualizadas( lugar do que son típicas, momento do ano no que é tradicional consumilas, etc)
  • Que as receitas estean correctamente explicadas(ingredientes, proceso, presentación do elaborado).
  • Creatividade nas presentacións.
  • Decoración.
  • Valorarase positivamente que os materiais de adorno, pratos e utensilios sexan reutilizables, non só de usar e tirar.
  • Escenogafía.
  • Dramatización.

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE

  • Favorecer o coñecemento mutuo do grupo clase e a súa cohesión.
  • Coñecer costumes e características de diferentes países e culturas.
  • Identificar similitudes entre as persoas e os diferentes grupos culturais.
  • Favorecer que o alumnado traballe en equipo para preparar a festa e se esforce nun obxectivo común.

O alumnado deberá traer tódolos útiles que considere precisos para cortar servir e manipular os productos elaborados.

Os/as titores/as deberán anotar os grupos que participan dentro de cada grupo-clase e entregalos ao xurado o día antes da celebración do evento.

Igualmente comunicar que o Xurado está composto polos membros do DTO de ORIENTACIÓN e VICEDIRECCIÓN, un membro do persoal auxiliar e un membro da ANPA. Se alguén quere formar parte do xurado e non é titor  que o comunique a vicedirección.

 

Distribuir contido