Skip to Content

1º ESO - Educación Viaria e visita do Complexo Deportivo de Foz

Nos últimos días de curso, o alumnado de 1º de ESO desprazouse ata Foz para recibir formación en Educación Viaria da man da Policía Municipal de Foz. Foron recibidos por José Cándido Lestegás Alonso, xefe accidental. Durante a charla, os axentes explicáronlles as normas de circulación e como comportarse frente a accidentes. Despois da teoría, o alumnado puido poñer en práctica o aprendido no circuito subido aos carts, ás bicicletas e mesmos ás motocicletas.

 
 
Na segunda parte da mañá, o alumnado foi recibido no Complexo deportivo de Foz para efectuar un itinerario polas súas instalacións deportivas. A rapazada visitou a sala de máquinas da piscina, fixo exercicios cardiovascular, de musculación e aeróbic sempre baixo a supervisión e asesoramento dos técnicos, para rematar cun chapuzón na piscina.
 
 
 
 
 
 
 


page | by Dr. Radut