Skip to Content

FCT

Formación en Centros de Traballo

Ligazóns información FCT

 

 

  

BOLSA DE EMPRESAS

 

Neste curso académico 2020/2021, incorporáronse á bolsa de empresas do instituto para colaborar na FCT dos ciclos formativos, as seguintes empresas:

 Empresa

 Domicilio social  Ciclo formativo
SERCO 93 A MARIÑA, S.L. Cervo Administración e xestión
Mª VANESA RANCAÑO FERREIROS Foz Administración e xestión
VILA TELECOM Ribadeo Electricidade e electrónica
SEVERINO RAMIL FERNÁNDEZ Viveiro Electricidade e electrónica
ALBA MARÍA OTERO GOÁS Viveiro Imaxe persoal
KATHERINA MACHADO ALONSO Foz Imaxe persoal
ANDREA RODRÍGUEZ ARES Burela Imaxe persoal
MANUEL SACIDO REGO Burela Imaxe persoal
CARMEN DÍAZ ÁLVAREZ Viveiro Imaxe persoal
MARÍA DEL MAR BLANCO CANCIO Foz Imaxe persoal
ANA VANESA SANTOS FOLGOSA Ribadeo Imaxe persoal

 

                                                                                                                                               

 

OFERTAS DE EMPREGO

ADMINISTRATIVO/A COMERCIAL. TÉCNICO/A SUPERIOR

Empresa do sector asegurador ten aberto un proceso de selección para cubrir dous postos de administrativos/as comerciais.

Centro de traballo: Ribadeo e Burela

Xornada a tempo completo

Soldo según convenio

Se tes experiencia no posto ou posúes dotes comerciais e gusto pola venda envía o o teu curriculo ao email: laboral1@3aconsult.com

 


 ADMINISTRATIVO/A

O Rexistro da Propiedade de Mondoñedo necesita una persoa para labores administrativas

Data: 01/12/2021

Centro de traballo: Mondoñedo

Xornada: tempo completo, para cubrir unha baixa por maternidade con posibilidade de manter o posto de traballo

Contacto: Israel Alcobendas. Teléfono: 629362253


 

21/12/2021

OFERTA NAVANTIA. 173 PRAZAS JUNIOR

 


ADMINISTRATIVO/A

15/12/2023

 


ADMINISTRATIVO/A

O Rexistro da Propiedade de Mondoñedo necesita una persoa para labores administrativas

Data: 15/12/2023

Centro de traballo: Mondoñedo

Contactos e envío currículo:

mondonedo@registrodelapropiedad.org

samor@registradores.org

676067664 (Santiago)

649547268 (Mª José)

 


Data: 20/02/2024

 

 


Data: 19/03/2024


A empresa Acuidoro, S.L. do sector da acuicultura selecciona para a súa empresa unha persoa para labores de mantemento e administración.

Centro de traballo: Acuidoro, S.L. - Polígono Industrial Cuiña - Cervo.

Perfil: Estudantes ou que remataran os seus estudos fai menos de 3 anos. Menores de 31 anos.

Condicións: Beca FEUGA.

Contacto: Carlos Varela Baños. Tel.: 608 850 452. Mail: cve@stolt.com

BOLSA DE EMPREGO

 

 

As empresas poden facer unha oferta de emprego, realizando os seguintes trámites:

1. Dirixirse por correo ao enderezo fctiesperdouro@gmail.com, ou chamando por teléfono ao 982 870102. 

2. A oferta será publicada na páxina web do centro. Na oferta de emprego figurará a ligazón a onde os alumnos poden mandar o seu currículo.

3. Enviarase a oferta aos titores, para se o estiman convinte poñerse en contacto cos alumos/as.

 

EXENCIÓN

EXENCIÓN DO MÓDULO DE FCT1

1. O módulo de FCT é susceptible de exención pola súa correspondencia coa experiencia laboral, segundo se establece  na Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A solicitude de exención formalizarase polo menos 20 días hábiles antes do inicio das actividades programadas para o módulo de FCT.

3. A exención poderá ser total ou parcial, dependendo da correspondencia que haxa entre a experiencia acreditada e os contidos do módulo formativo de FCT.

4. A exención requirirá, ademais de cumprir o requisito de experiencia laboral, a matrícula previa da alumna ou do alumno nun centro docente autorizado para impartir ensinanzas conducentes ao título do ciclo formativo correspondente.

5. Débese acreditar unha experiencia laboral correspondente ao traballo a tempo completo dun ano, relacionada cos estudos profesionais respectivos. No caso de contratos a tempo parcial, os días de cotización deberán ser equivalentes a un ano a tempo completo.

6. O alumno/a deberá presentar na secretaría do centro a documentación que figura na orde que regula a exención.

7. O titor ou a titora do centro educativo, en colaboración co equipo docente, logo da análise da documentación achegada, deberán emitir un informe e unha proposta, que lle farán chegar á dirección do centro, sobre a concesión ou non da exención total ou parcial, de ser o caso.

8. A dirección do centro resolve a concesión da exención

9. O acordo da concesión ou non da exención total ou parcial comunicaráselle por escrito á persoa solicitante no prazo de 10 días.

 

 1Algúns apartados vense modificados nesta etapa COVID. Consultar normativa

 

   Impreso solicitude exención (Anexo XV)

 

  

                                                                                                                                                                                                                         

AXUDAS

O alumnado que realiza a formación práctica en centros de traballo (FCT), ten dereito a unha axuda económica.

Non terá dereito á axuda o alumnado que realice a FCT no concello do centro educativo ou no concello de residencia durante a FCT.

Todos os cursos académicos se convocan as citadas axudas, para as que é necesario presentar unha determinada documentación.

+Máis información

 

ALUMNOS

 

ASIGNACIÓN EMPRESA PARA A REALIZACIÓN DA FCT

Para a asignación de empresa aos alumnos que vaian realizar a formación en centros de traballo, seguiranse os seguintes criterios:

 1.    As alumnas/os que o desexen poden achegar empresa para a realización das súas prácticas. Para elo deben cubrir o formulario de datos de alta da empresa e envíalo ao correo fctiesperdouro@gmail.com


 Formulario nova empresa pdf        Formulario nova empresa doc

 

  2.    O alumnado que non se atope na situación anterior, e proposto para a FCT, ordenarase pola nota media dos módulos avaliados antes da avaliación previa á FCT (incluídos os do primeiro curso) e posteriormente elixirá o centro de traballo entre os dispoñibles na bolsa de empresas do instituto.

 

EMPRESAS

                                   

Calquera empresa interesada na formación en centros de traballo (FCT), dos nosos alumnos, debe realizar os seguintes trámites:

1. Facerse empresa colaboradora, cubrindo o formulario que se achega, onde se aportan os datos da empresa. Deste xeito a empresa pasa a formar parte da bolsa de empresas do instituto.

 Formulario nova empresa pdf        Formulario nova empresa doc

 

 2. Solicitar alumnado en prácticas: chamando ao teléfono 982 870102, ou enviando un correo electrónico a fctiesperdouro@gmail.com

Unha vez inscrita e para que o alumno poda realizar a FCT, subscribirase un convenio entre as partes. 

Da tramitación do convenio e do resto da documentación encargarase o centro educativo. 

A Consellería de Educación cubrirá posibles accidentes a través dunha póliza de seguros.

 

                                                                                                                                 

                                                                                                                                                                   

 

Información xeral FCT

A FCT

Módulo de carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos. Son prácticas de carácter non laboral que se desenvolven nun ámbito produtivo real, con contidos consistentes na realización de actividades produtivas propias do perfil profesional.

Indispensable para a obtención do título académico.

A finalidade e obxectivos da formación en centros de traballos, podería resumirse nos seguintes apartados: 

  • Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos nos centros educativos.
  • Coñecer e comprender, de forma real, a organización socio-laboral dun centro de traballo.
  • Avaliar a competencia profesional do alumnado nunha situación real de traballo coa participación empresarial.
  • Completar a formación adquirida no centro educativo.
  • Adquirir a competencia profesional de cada título e unha madureza profesional motivadora de futuras aprendizaxes.
  • Avaliar e acreditar os aspectos máis relevantes da competencia requirida no emprego.
  • Adquirir o coñecemento da organización produtiva e o sistema de relacións sociolaborais do centro de traballo co fin de facilitar a súa futura inserción laboral.

 DESENVOLVEMENTO DA FCT

  • A FCT consiste nunha estadía na empresa por parte dos alumnos que remataron o ciclo no instituto, sen que supoña unha vinculación laboral, trátase de estudantes en prácticas que non teñen carácter de traballadores.
  • Este módulo profesional  ven regulado pola Orde de 28 de febreiro de 2007, publicada no DOGA de 8 de marzo de 2007, da que extraemos como mais salientables os seguintes requisitos:
  • A duración do período de prácticas é de 320 horas para a FP básica, de 410 horas para os ciclos medios e de 384 horas para os ciclos superiores.
  • A xornada laboral non debe exceder das 8 horas diarias nin das 40 horas semanais. En certos sectores pódense acordar horarios especiais previa autorización por parte da Consellería de Educación.
  • A titoría do centro educativo xunto coa titoría do centro de traballo farán o seguimento do desenrolo do modulo profesional. A actividade do alumnado na empresa axustarase o Plan Individualizado  establecido pola titoría en colaboración ca empresa.

O alumnado non recibirá compensación económica algunha por parte da empresa pola realización da FCT.

PERÍODOS DE REALIZACIÓN

Realizase ao longo do curso escolar en tres periodos:

  1. Prazo ordinario de abril a xuño
  2. Prazo extraordinario de setembro a decembro.
  3. Prazo extraordinario de xaneiro a marzo.

 LEXISLACIÓN

Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

RESOLUCIÓN de 13 de noviembre de 2020, de la Secretaría General de Educación y Formación Profesional, por la que se dictan instrucciones para el desarrollo del período de formación en empresas en las enseñanzas de formación profesional, enseñanzas artísticas y enseñanzas deportivas, en la situación excepcional actual de pandemia derivada de la COVID-19.

Guía de recursos: manual para o profesorado de FP

+ Máis información

Distribuir contido


by Dr. Radut