Skip to Content

Libros de Texto

Listaxe de libros de texto para o curso 2023-24

Esta é a listaxe de libros de texto para o curso 2023-24. Cómpre fixarse en que algúns non deben ser pedidos ata que o profesorado o confirme en setembro. 

Entrega de vales de material escolar e de libros de texto do fondo solidario

Durante o mes de xullo pódense recoller en conserxería os vales de material escolar e os libros de texto de 1º e 3º ESO e 1º de Bacharelato do fondo solidario. 

Listaxe de libros de texto para o curso 2022-23

O arquivo cos libros de texto para o curso 2022-23 foi actualizado a 5 de setembro de 2022. Recoméndase revisar, fundamentalmente, o referido aos libros de Bacharelato. 

Entrega de libros de texto para o curso 2021-22

A entrega de libros de texto para o curso 2021-22 realizarase o mércores 15 de setembro pola tarde segundo o horario indicado:

Mércores 15/09
16:00 1º ESO
16:30 2º ESO
17:00 3º ESO
17:30 4º ESO
18:00 Bacharelato


1. A entrega realizarase na aula 119.
2. Únicamente se entregarán os libros ao pai/nai ou titor/a legal do alumnado, quenes asinarán o documento de entrega de libros. Non se entregarán libros ao alumnado que veña só. As familias que teñan máis dun fillo/a matriculado/a no centro en diferentes cursos poderán acudir na franxa horaria que máis lles conveña.
3. A entrega realizarase respectando os turnos de chegada, podendo entrar na aula únicamente tres persoas  por cada turno.
4. Todas as persoas deberán respectar as medidas de seguridade e hixiene,  gardando a distancia establecida e empregando a máscara.

Banco solidario de libros de texto

Se es alumno/a de ESO ou Bacharelato e desexas que o centro che facilite os libros de texto que necesites para o curso 2021/2022, debes cubrir un impreso en Conserxería. Poderás facelo ata o 12 de xullo. Se tes que matricularte en setembro, o prazo será ata o 10 de setembro. Entregaranse libros ata fin de existencias. 

Recordamos que aínda estás a tempo de traer os libros de texto que xa non precises ao centro para doalos e así poderemos ampliar o noso banco solidario. 

 

Listado de libros de texto para o curso 2021-2022

Nas ligazóns que figuran máis abaixo podes consultar as listaxes de libros de texto (en papel) e material didáctico impreso para o curso 2021-2022.

Aviso: Modificouse a listaxe de 1º de ESO, ao retirar o libro de texto de Inglés.

Fondo Libros: Publicada a listaxe definitiva de admitidos (actualizada a data e instrucións de entrega)

Publicadas as listaxes definitivas do FONDO SOLIDARIO de libros de texto.

As listaxes de alumnado admitido e excluído están publicadas no taboleiro de anuncios interior do instituto. Tamén poden consultalas chamando por teléfono (982870102) ou accedendo a www.edu.xunta.es/fondolibros/ con certificado electrónico ou con Chave365.

Fondo Libros: listaxe provisional de admitidos 2020/2021

Publicadas as listaxes provisionais do FONDO SOLIDARIO de libros de texto.

As listaxes de alumnado admitido e excluído están publicadas no taboleiro de anuncios do instituto. Tamén poden consultalas chamando por teléfono (982870102) ou accedendo a www.edu.xunta.es/fondolibros/ con certificado electrónico ou con Chave365.

Reclamacións contra as listaxes provisionais: luns 13 e martes 14 de xullo.

Fondo Libros 19-20

Aviso para as familias dos actuais alumnos de -2º ESO, 2º PMAR, 3º ESO e 3º PMAR:

Todas deben presentar solicitude ao Fondo Solidario de Libros de Texto 19-20

Prazo ata o día 21 de xuño de 2019 - única convocatoria

Entrega dos libros de texto para o curso 2019-2020 segundo solicitude presentada a través do Fondo Libro exclusivamente

O centro publicará unha única listaxe provisional e unha única listaxe definitiva (Fondo Libro ESO), e respectará as datas :

Distribuir contido


by Dr. Radut