Skip to Content

Banda Deseñada en BiblioPerdouro

2ª entrega: Novidades en Banda Deseñada

Segunda remesa de Banda Deseñada que nos trouxo Ricardo dende Pontevedra.

 

Fran Bueno nos VI Encontros - vídeo promocional

Clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña

O martes 27 de maio tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro de Burela o acto de clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña asi como a entrega de premios.
 
O debuxante santiagués Fran Bueno foi o invitado de excepción na clausura dos sextos Encontros de Banda Deseñada na Mariña que se celebraron no IES Perdouro de Burela.
 
Seguir lendo en Perdourando.
 
Ver reportaxe de entrega de premios en Perdourando.

Clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada 2014

franbueno2.jpg

Contaremos para clausurar os encontros de BD na Mariña con Fran Bueno, recoñecido debuxante con gran proxección intercanional, o primeiro autor galego en traballar profesionalmente no sector comercial do cómic estadounidense e recentemente galardonado co Premio Castelao 2013 de Banda Deseñada da Diputación da Coruña.  

O martes 27 de maio ás 12h20 na biblioteca abrirán o acto, o director, Santiago Pérez, a Vicedirectora, Karina Parga, a concelleira de Cultura, Mónica Pedre e o tenente alcalde, Manuel Fernández.

 

 

Fallo dos premios do Concurso de Banda Deseñada na Mariña 2014

Gañadores do certame de creación de Banda Deseñada 2014

Fanse públicos os resultados dos premios na seguinte ligazón: Banda Desexada

Noraboa os gañadores e confiamos en que haxa sorte noutras ocasións para os demáis participantes.

Reunión do xurado do Concurso de Banda Deseñada - 2014

Continúan as actividades relacionadas coa Banda Deseñada organizadas polo IES Perdouro de Burela.

O xurado do concurso reuniuse hoxe para comezar a valoración das obras participantes nesta sexta edición. 

Farase público o fallo do xurado o vindeiro venres 23 de maio.

VI Encontros de BD na Mariña

 

Obradoiro de BD por Primitivo Marcos - 1º ESO

O debuxante e guionista lucense, Primitivo Marcos, impartiu este mércores 2 de abril a primeira parte dun obradoiro de Banda Deseñada no I.E.S. Perdouro.
Dentro dos VI Encontros de BD na Mariña, esta actividade dirixíase, neste caso, ó alumnado de 1º de E.S.O que tivo a oportunidade de coñecer en persoa o autor de recoñecidas publicacións de BD como O Mariscal Pardo de Cela, María Castaña, Aventura no Camiño de Santiago I (actualmente está a traballar na segunda parte), ou Os Fernández (na revista Golfiño), entre outras moitas.
Primitivo Marcos iniciou o alumnado no mundo da viñeta e amosoulles como dar os primeiros pasos para crear unha BD sen desesperarse por mor de que o debuxo e a historia se resistan a saír da imaxinación. E púxolles un reto: crear as primeiras personaxes dunha breve historieta. Conseguírano?

Acto de clausura e entrega de premios - V Encontros de Banda Deseñada na Mariña - 2013

O luns 29 de abril, tivo lugar na biblioteca do centro o acto de clausura dos Encontros de Banda Deseñada na Mariña asi como a entrega de premios.

Abriron o acto o director  do IES Perdouro, Santiago J. Pérez e o Alcalde de Burela, José González Barcia. Antes de darlle paso o noso convidado, Miruca Parga, a representante do EDL, fixo unha pequena retrospectiva sobre a arte da comunicación en base á imaxe e a nosa lingua.
Xosé Tomás foi quen nos adentrou ao mundo da ilustración e da imaxe a través dun curto obradoiro moi claro e conciso. Primeiro definiu a banda deseñada e falounos de elipse, globos, personaxes, planos e movementos. Para rematar o seu coloquio, tivo a xentileza de debuxar para nós. Botádelle unha mirada a reportaxe nos blogues de Perdourando e Banda Desexada!


Logo procedeuse a entrega dos Premios. Noraboa a todas e todos os premiados desta quinta edición.
 

Clausura dos Encontros de Banda Deseñada con Xosé Tomas

Contaremos para clausurar os encontros de BD na Mariña con Xosé Tomas, recoñecido ilustrador e guionista galego, autor, entre outros, de álbumes como  "Tolos",  "H2OiL"  e  "Nómades".


O luns 29 de abril ás 11h30 na biblioteca. abrirán o acto, o director, Santiago Pérez, a coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística, Miruca Parga e a concelleira de Cultura, Mónica Pedre.

Fallo do xurado do concurso de Banda Deseñada 2013

Foron fallados os premios do concurso de creación de BD no marco dos V Encontros de Banda Deseñada na Mariña.

CATEGORÍA ESCOLAR ATA 14 ANOS

    o 1º premio foi obtido por Andrea Barro Rodríguez do IES Perdouro coa obra "A casa pantasma"

    o 2º premio foi para Carmen Manuela Suárez García do CEIP de Cervo coa obra "O gato gatiño"

CATEGORÍA ESCOLAR ATA 18 ANOS

    o 1º premio recibironno Sara Palomino Arnanz e Myriam López Otero do IES San Rosendo de Mondoñedopola banda deseñada "O segredo da pintura"

    o 2º premio foi para unha obra titulada "Unha viaxe redonda" presentada por Antía Fernández Fernández e Aurora Rodríguez García, alumnas do IES San Rosendo de Mondoñedo.

CATEGORÍA ABERTA

    o 1º premio foi obtido por Nicolás Martín Alessandro (Guionista) & Julián Rocha (Debuxante) coa obra "Azar"

    o 2º premio foi para Inés Vázquez Ramallal coa obra "Por unha presa de grelos"

A organización quere mostrar o seu agradecemento a todos os participantes e especialmente aos docentes e alumnado dos centros educativos que amosaron o seu interese por estes Encontros.

Reunión do xurado do Concurso de Banda Deseñada

Nesta edición as obras do concurso dos V Encontros de Banda Deseñada na Mariña proveñen mesmo doutros lugares de Europa e América.

Continúan as actividades relacionadas coa Banda Deseñada organizadas polo IES Perdouro de Burela.


O xurado do concurso reuniuse hoxe para comezar a valoración das obras participantes nesta quinta edición. Os organizadores dos Encontros queren destacar a calidade dos traballos presentados e tamén a súa cantidade. É salientable, por outra parte que, nesta ocasión, a procedencia das distintas creacións é moi diversa: Portugal, Arxentina, etc.

O fallo do xurado terá lugar o próximo luns 18 de marzo no IES Perdouro. 

Acto de inauguración da exposición "Cinco anos de Banda Deseñada na Mariña"

 

Cartel gañador dos V Encontros de Banda Deseñada na Mariña

Aurélie Pello foi a autora do cartel gañador destes encontros de Banda Deseñada.



Podedes seguir as novidades dos encontros a través das redes sociais Twitter e Facebook de Banda Desexada.


 




 
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut