Se queres estar ao tanto de todo canto acontece no IES Perdouro e estar informado/a dos procesos e datas de admisión, matrícula entre outros trámites, síguenos polos blogues e polas Redes Sociais. Entérate!
Convócanse axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2013-2014. Aberto o prazo dende o 25 de xuño ao 26 de xullo de 2013.
Toda a información relevante sobre a gratuidade solidaria no portal da Xunta, Gratuidade solidaria - curso 2013-2014
Ábrese o prazo de inscrición aos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior dende o 17 de xuño ata o 2 de xullo.
Oferta formativa do IES Perdouro
Oferta en Ciclos Formativos en Galicia
Publicada a listaxe das cualificacións provisorias das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio. Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 6 ao 10 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
Acceso á Universidade dende un ciclo superior de FP
Toda a información sobre as probas de acceso á Universidade (PAU).
Guía do Sistema Universitario de Galicia.
Actualización da Guía do Sistema Universitario de Galicia.
Data de realización da proba
Segundo se establece no artigo 4 da Orde do 6 de outubro de 2010 pola que se regula o desenvolvemento desta avaliación, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa determinará en cada curso as datas en que se realizará a proba, que serán as mesmas para todos os centros. A avaliación de diagnóstico correspondente ao curso 2012/13 terá lugar os días 23 e 24 de maio de 2013 para cuarto curso de educación primaria, e os días 28 e 29 de maio de 2013 para segundo curso de educación secundaria obrigatoria.
Máis información....
Publicada a listaxe das cualificacións provisorias das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior. Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 13 ao 15 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
|
|
|
|
As listaxes iránse actualizando segundo as datas establecidas na Resolución do 21 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan de modo ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2013. |
Acceso ás listaxes de solicitudes de inscrición.
Acceso ás listaxes de exención.
Acceso aos lugares e sedes de realización das probas. |
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o programa Galeuropa dirixido a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos Estados membros da Unión Europea, agás España.
As estadías para as prácticas laborais desenvolveranse preferentemente na República Checa, Italia, Irlanda, Polonia, Holanda e Francia.
As estadías terán como máximo 8 semanas de duración cun mínimo de 25 horas formativas semanais, entre o 1 de xuño e o 15 de novembro de 2013.
As estadías teñen como finalidade apoiar as persoas participantes en actividades de formación para adquirir os coñecementos, as competencias e as cualificacións que complementen o desenvolvemento persoal e profesional, facilitando a mobilidade dos traballadores en Europa e promovendo o desenvolvemento e a súa transferencia entre os países participantes ao mesmo tempo que perfeccionan as habilidades lingüísticas no idioma estranxeiro.
A contía da axuda ascenderá a 2.400 € por participante por un período máximo de 8 semanas.
Requisitos:
Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
Estar en posesión de calquera título de formación profesional ou universitario acreditado por calquera centro público ou privado de Galicia, ou telo solicitado no momento de presentar a solicitude.
Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: inglés, italiano, francés e/ou alemán.
Inscricións:
O prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de maio de 2013.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS324A
Máis información ....
Orde do 22 de abril de 2013 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2012/13.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 7 de xuño de 2013.
Haberá un máximo de 20 premios extraordinarios e cada premio estará dotado con 1.000 € ademais de quedaren exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2013-2014.
Requisitos de participación:
|
Por orde 5 de abril de 2013 regulanse as probas libres para a obtención dos títulos de técnico e técnico superior de cliclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio, de Educación LOE. A oferta de prazas no noso Instituto é a seguinte: CMADG01. Xestión Administrativa ........................10 prazas CMELE02. Instalación de Telecomunicacións........10 prazas CMFME01. Mecanizado...........................................10 prazas Período de inscrición 19 ao 30 de abril
|
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2013
Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 22 de abril.
Toda a información sobre este programa na web http://www.edu.xunta.es/axudasle.
|
Aberto o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fodos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria e de bacharelato, para o curso 2013-2014. |