Skip to Content

Taboleiro

Proxecto EDIXGAL: segundo curso académico no IES Perdouro (2018-2019)

Finalizado o primeiro ano de implantación no noso centro, o proxecto EDIXGAL continuará aplicándose en 1º e 2º de ESO no curso académico 2018-2019. Se ben a Consellería de Cultura e Educación manifestou, nun principio, a intención de continuar estendendo o proxecto aos cursos máis altos, finalmente optou por mantelo cinguido a 1º e 2º de ESO, polo de agora, a cambio de dar entrada a un maior número de centros.

O proxecto EDIXGAL consiste, en poucas palabras, en proporcionar aos alumnos e alumnas un ordenador portátil (dispositivos convertibles de 12 pulgadas que funcionan como ordenador ou como tableta) que terán ao seu dispor as 24 horas do día para traballar con recursos dixitais gratuítos (libros dixitais, actividades interactivas, etc.) utilizando metodoloxías activas, máis apropiadas para formarse nas competencias e habilidades que se requiren para desenvolverse na sociedade actual.

Calendario escolar 2018/2019

Calendario escolar oficial publicado pola Consellería de Cultura e Educación:

Calendario das probas extraordinarias de setembro 2018

Durante os días 3, 4 e 5 de setembro están programadas as probas da convocatoria extraordinaria de setembro. A continuación detállanse os calendarios das diferentes ensinanzas:

Data de entrega do boletín de notas - Avaliación Final

Entrega do boletín de calificación final ordinaria
Martes 26/06/18 ás 11h nas aulas de referencia

 ESO + 1º Bach + FPB + FP

Devolución Libros de Texto 17-18

O alumnado traerá os libros o xoves 21 de xuño en clase. O titor/a será o encargado de revisar o bo estado dos libros e fará unha valoración do estado dos libros entregados. (Condición imprescindible para poder ter dereito á participación no Fondo Solidario de Libros de Texto no curso 18-19.)

Chamamento á solidariedade: Con respecto aos demais libros (os comprados polas familias), pedimos a colaboración das familias para doalos altruistamente ao Fondo de Libros do centro e así poder ampliar este.

Campamentos de Verán 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2018.

As solicitudes poden tramitarse ata o 18 de maio de 2018.

Máis información na web de Xuventude e no DOG do 25 de abril de 2018.

VI Campus de Verán XuvenCiencia - Lugo 2018 - Cinco días de experiencias científicas e de ocio na Universidade

Un ano máis, a Universidade de Santiago de Compostela convoca o campus de verán XuvenCiencia de Lugo, no que 150 estudantes de ensino medio vivirán unha semana de experiencias inesquecibles.

O obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía, así como coa contorna universitaria.

O profesorado do IES Perdouro completa a formación EDIXGAL programada para o curso 2017/2018

Un grupo de 20 profesores e profesoras do IES Perdouro remataron a formación programada para este ano académico 2017/2018 sobre o proxecto Edixgal. No mes de outubro recibiron un curso inicial de introdución de 12 horas. A continuación, no mes de novembro, iniciouse un curso de 10 horas xunto con un seminario de formación permanente de 20 horas de duración. Estes últimos fóronse alternando ata rematar no día de hoxe, 11 de abril, sumando un total de 42 horas de formación do profesorado.

Campaña de doazón de sangue

L’image contient peut-être : texteO Centro de Transfusión de Galicia organiza unha Campaña de doazón de sangue que terá lugar o martes 27 de febreiro (de 11:00h a 14:00h) nos institutos de Burela. Unha unidade móbil estará instalada no aparcadoiro do Monte Castelo.

Uns técnicos do Centro de Transfusión virán informar ao alumnado maior de 18 anos polas clases o martes, día 6.

O alumnado que compre cos requisitos poderá participar de forma voluntaria na campaña de doazón de sangue. O médico poderá entregar un xustificante ao alumnado se llelo pide.

E-Dixgal - Entrega de ordenadores

Esta semana estanse entregando os novos e modernos ordenadores do proxecto E-Dixgal ao alumnado de 1º e 2º de ESO, que substitúen aos ultraportátiles Abalar que estaban utilizando desde setembro. E-Dixgal é unha iniciativa que leva á aula unha contorna virtual de aprendizaxe que permite a profesorado e alumnado acceder a contidos dixitais.

Os novos equipos do alumnado poden ser empregados como portátil ou como tableta, son táctiles e levan integrados aplicacións educativas agrupadas por categorías como táboas periódicas, editores de moléculas, dicionarios e aplicacións de circuítos electrónicos, entre outros.

O IES Perdouro abre a convocatoria para realizar as prácticas de FCT no estranxeiro (Erasmus+)

Convocatoria

Está aberta a convocatoria, dirixida ao alumnado do noso centro, para realizar as prácticas de FCT no estranxeiro neste curso académico 2017/2018 (Programa Erasmus+)

Se estás cursando o segundo ano dun ciclo formativo de grao medio ou de FP Básica podes presentar a túa solicitude ata o martes día 17 de outubro. Información máis detallada no noso blog de Programas Internacionais.

Prefires matricularte en módulos soltos de ciclos formativos? Podes facelo do 3 ao 6 de outubro (réxime de adultos) (curso 2017/2018)

Oferta de prazas vacantes dos módulos de réxime ordinario para o réxime de persoas adultas

Entre os días 3 e 6 de outubro (ambos incluídos) poderás matricularte nos ciclos do IES Perdouro, nos módulos soltos que desexes, polo réxime de adultos (prazas vacantes do réxime ordinario).

Matrícula DIRECTA en prazas vacantes liberadas de ciclos formativos

Matrícula directa en prazas vacantes liberadas:

(A partir do martes 26 ata as 13:00 h do venres 29)

Se non che foi adxudicada unha praza tamén podes matricularte directamente nas prazas vacantes (nº limitado) ata o día 29 de setembro. A matrícula realizarase por orde de chegada, só con acreditar os requisitos de acceso e presentar a documentación indicada máis abaixo.

Consulta a listaxe de ciclos con prazas vacantes liberadas.

Alumnado con praza adxudicada en CF: prazo de matrícula ou renuncia do 20 ao 22 de setembro

Listaxes de alumnado con praza adxudicada no IES Perdouro:

Con data 20/09/2017 publícouse a segunda adxudicación extraordinaria:

Alumnado con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio

Alumnado con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

Publicación da Consellería de Cultura e Educación na web de F.P.

Matrícula do alumnado con praza adxudicada:

O proxecto EDIXGAL no IES Perdouro

O IES Perdouro incorpórase ao proxecto EDIXGAL a partir do curso 2017-2018

O proxecto EDIXGAL consiste, en poucas palabras, en proporcionar aos alumnos e alumnas un ordenador portátil (novos dispositivos convertibles de 12 pulgadas que funcionan como ordenador ou como tablet) que terán ao seu dispor as 24 horas do día para traballar con recursos dixitais gratuitos (libros dixitais, actividades interactivas, etc.) utilizando metodoloxías activas, mais apropiadas para formarse nas competencias e habilidades que se requiren para desenvolverse no século XXI.

Distribuir contido


by Dr. Radut