Skip to Content

Taboleiro

Calendarios de exames - XUÑO 2022

Nos enlaces que aparecen a continuación pódense consultar os calendarios de exames.

EXAMES DE RECUPERACIÓN - ESO (Avalición final)

EXAMES AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA BACHARELATO

EXAMES AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 1º FPB

Devolución dos libros de texto e dos ordenadores

Atención! Entre o luns 20 e o martes 21 de xuño, recolleranse os libros de texto de 2º e 4º ESO e os ordenadores de 4º. 

Axudas para material escolar. Curso 2022-23

Está aberto o prazo para a solicitude de material escolar para o curso 2022-23.

Orde do 29 de abril de 2022

Prazo: do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022

Felices festas Burela

 

 

Listaxes provisionais e de suplentes: Axudas formación en linguas estranxeiras

Está publicada a listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido na Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022.

Solicitude de beca curso 2022/23. Novo procedemento. Prazo ata o 16 de maio

Ábrese o prazo para solicitar beca para o próximo curso 2022/23 nos estudos postobrigatorios (BAC, CF, Universidade).

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, para alumnado que está cursando 1º ou 2º de bacharelato e que cumpra cos requisitos indicados na Orde de convocatoria (Orde do 11 de xaneiro de 2022 - DOG, 31 de xaneiro de 2022).

Campaña de doazón de sangue: 3 de febreiro

O xoves 3 de febreiro de 10:30h a 13:30h a unidade móbil de doazón de sangue estará no aparcamento do IES Monte Castelo. 
Se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 kg só necesitas 10 minutos para salvar vidas. 
 
Sumámonos ao #reto5000: 5000 doazóns de sangue en centro de ensino durante este ano. 
 
Se queres información sobre as condicións físicas necesarias, o que debes facer despois de doar e as necesidades do noso sistema de saúde, búscaa no documento adxunto. 
 
 
 
 
 

Distribución de máscaras entre o alumnado

Xúntase a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22.

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/22 NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE.

Ten que presentar solicitude o alumnado que NON foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/22 e cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

O prazo para presentar esta solicitude é do 15 ao 26 de novembro de 2021.

Publicación no taboleiro de anuncios do centro da listaxe provisional de solicitudes excluídas* e concedidas: 29 de novembro de 2021.

*En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Publicación no taboleiro de anuncios do centro, da listaxe definitiva de solicitudes escluídas e concedidas: 2 de decembro de 2021.

Xunto coa publicación da listaxe definitiva anunciarase o procedemento para a entrega das máscaras.

Calendario de presentacións curso 2021-22

As presentacións serán os días 15, 16 e 17 de setembro. O alumnado será avisado do grupo ao que pertence por Abalar Móbil. Non estarán definitivamente no grupo que lles corresponde ata o día 14. 

O alumnado comezará as clases en horario normal ao día seguinte da súa presentación. 

NORMAS

- Por razóns sanitarias, non se pode estar no centro antes da hora indicada. 

- Débese usar máscara en todo momento. 

- Hai que manter a distancia de seguridade co resto do alumnado e do persoal do centro. 

- Débese abandonar o recinto escolar despois da presentación. 

HORARIO DE PRESENTACIÓNS 

Mércores 15 de setembro
10:00 2º de BAC A (Ciencias e Humanidades)
10:30 2º de BAC B (CCSS)
11:00 1º de BAC A (Ciencias)
11:30 1º de BAC B (Humanidades e CCSS)
12:00 1º de ESO A
12:30 1º de ESO B
Xoves 16 de setembro
10:00 4º de ESO A
10:30 4º de ESO B
11:00 3º de ESO A
11:30 3º de ESO B + PMAR
12:00 2º de ESO A
12:30 2º de ESO B
13:00 2º de ESO C + PMAR
Venres 17 de setembro
10:00 2º Curso de CM PeCoCa e CM IT
10:30 2º Curso de CM Mecanizado, CM Xestión Adm. e CS Adm. e Finanzas
11:00 1º Curso de CM PeCoCa e CM IT
11:30 1º Curso de CM Mecanizado, CM Xestión Adm. e CS Adm. e Finanzas
12:00 1º FPB
12:30 2º FPB

Matrícula en CUALE: B1 de portugués

Se queres conseguir o nivel B1 de lingua portuguesa e xa cursaches 4º ESO, matricúlate en CUALE.

Tes ata o 15 de setembro de prazo. 

Se es alumna/o do IES Perdouro, só tes que traer 2 fotografías tamaño carné. 

Se es alumna/o doutro centro, tes que traer: 

- as 2 fotos tamaño carné,
- fotocopia do DNI e
- certificación académica dos estudos realizados. 

Podes cubrir o formulario de matrícula na secretaría do IES Perdouro ou descargar o impreso. 

AVISO

Normas COVID_Convocatoria extraordinaria de setembro

No documento que se achega indícanse as normas COVID de obrigado cumprimento durante os días de realización das probas correspondentes á convocatoria extraordinaria de setembro.

Calendario das probas extraordinarias de setembro

Nas ligazóns que figuran máis abaixo pódese acceder aos calendarios e horarios das probas extraordinarias de setembro. Como se indica nos propios documentos, hai que consultar as normas COVID de obrigado cumprimento nos días das probas.

Distribuir contido


by Dr. Radut