Skip to Content

Recoñecendo o esforzo dos mellores expedientes de 2º Bach

Daniel Piqueras Valle e Jorge Quelle Gómez, recoñecidos entre os mellores expedientes académicos nas probas de acceso á universidade de Galicia.

Unha vez máis desde o Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” organizan o Acto de Recoñecemento ao mellor alumnado de Centros de Ensino Medio de Galicia, é dicir aquel estudantado que acadou unha Nota de Acceso á Universidade de 9 ou máis.

Este acto terá lugar o xoves, día 24 de xuño, ás 17:00 horas no Salón Nobre de Fonseca da USC a través da canle USC TV ou na canle de Youtube da USC.

Poderase seguir o acto por streaming a través da canle Youtube da USC na dirección:

    https://youtu.be/TkMbtPmsXLo



page | by Dr. Radut