Skip to Content

Admisión: publicadas as listaxes de alumnado con praza adxudicada por reserva

Finalizado o período de solicitude de reserva de praza, procédese a publicar as listaxes de alumnado con praza axudicada por reserva (alumnado procedente do CEIP Virxe do Carme).

Adxudícase praza a todo o alumnado que o solicitou (28 solicitudes).

Poden consultarse as listaxes, para comprobar que lles foi adxudicada a praza nos seguintes lugares:

  • Taboleiro de anuncios IES Perdouro.
  • Taboleiro de anuncios CEIP Virxe do Carme.
  • Na aplicación admisionalumnado, identificándose con Certificado Dixital ou Chave365.

De producirse algunha disconformidade coa listaxe, deben comunicalo na secretaría do IES Perdouro no prazo máis breve posible.

 



page | by Dr. Radut