Skip to Content

OBRADOIROS DE IGUALDADE

Neste mes de maio, están tendo lugar os obradoiros Dándolle a Volta no IES Perdouro, de Burela.

“Dándolle a Volta” é un proxecto do  Observatorio da Mariña pola Igualdade en colaboración coa Fundación Obra Social La Caixa que pretende abordar nos diferentes IES da Mariña as desigualdades existentes entre homes e mulleres na sociedade actual. O  obxectivo principal é favorecer e proporcionar un coñecemento crítico sobre os mecanismos de transmisión de roles e estereotipos na sociedade que nos leven a identificar as causas da violencia contra as mulleres, os modos nos que se dá e as posibles abordaxes para traballar a súa prevención.

No IES Perdouro, o alumnado de 3º e 4º da ESO están a recibir un obradoiro sobre varios temas de igualdade como a construción da identidade de xénero, os  roles e estereotipos sexistas, a análise dos medios nos que nos socializamos e a violencia nas relacións. O alumnado, a partir de diverso material, refleccionan e debaten enerxicamente.

 

   
   


page | by Dr. Radut