Skip to Content

PROXECTO NEO - Nº3

ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO PARTICIPA NO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN DOS NEOFALANTES EN RADIO BURELA

Este mércores 25 de xaneiro emítese o cuarto programa Proxecto Neo. A convidada será Catalina Sánchez Luengo (Mediadora cultural e Xerente da Fundación Expomar). Na entrevista participarán Laura Trelles (IES Perdouro) e Katerine Brito Tavares (IES Monte Castelo), por iniciativa dos respectivos Equipos de Dinamización Lingüística.

Proxecto Neo nº 3 - Convidada: Catalina Sánchez Luengo on PhotoPeach

Nacida en Villanueva de la Serena (Badaxoz), Catalina Sánchez estudou Economía e Comercio en Madrid e Estocolmo. Chegou a Galiza en 1977 e foi fundadora dunha "comuna" perto da praia de Esteiro (Xove). Desde ese momento participou en primeira liña nos movimentos sociais preocupados pola contaminación emitida pola fábrica de Aluminio, opúxose activamente á implantación dunha central nuclear na Mariña e dinamizou a cultura desde o Concello de Cervo e desde A Zaranda, a célebre sala de Burela moi directamente relacionada coa Sala Nasa de Santiago.

Na tertulia falarase da Xeración Beatnick americana e da súa influencia en Europa (De Ginsberg e Kerouac a Bob Dylan), das emisións de flúor en Alúmina, do papel desempeñado polo cura de Burela na oposición á central nuclear, da etapa de Roberto Álvarez en Burela e Cervo...

A tertulia pódese escoitar aquí.



page | by Dr. Radut