Skip to Content

1º ESO - Educación Viaria e visita ao Complexo Deportivo de Foz

Nos últimos días de curso, o alumnado de 1º de ESO desprazouse ata Foz para recibir formación en Educación Viaria da man do cabo da policía municipal de Foz, Jesus Amor Prieto. Durante a charla, o axente explicoulles as normas de circulación e como comportarse frente a accidentes. Despois da teoría, o alumnado puido poñer en práctica o aprendido no circuito subido aos carts, ás bicicletas e mesmos ás motocicletas.


Na segunda parte da mañá, o alumnado foi recibido no Complexo deportivo de Foz para efectuar un itinerario polas súas instalacións deportivas. A rapazada visitou a sala de máquinas da piscina, fixo exercicios cardiovascular, de musculación e aeróbic sempre baixo a supervisión e asesoramento dos técnicos, para rematar cun chapuzón na piscina. 


Ver a reportaxe fotográfica no blogue de Perdourando.


page | by Dr. Radut