Skip to Content

Viaxe a Lugo - 2º ESO

O patrimonio histórico-cultural da cidade de Lugo é, desde o punto de vista do ensino, unha fonte inesgotable de recursos. Esto puideron comprobalo os alumnos de 2º de ESO nun percorrido histórico pola cidade, unha viaxe polo tempo, o pasado 7 de maio.

Iniciamos co Lugo romano, resumido no Centro de Interpretación da Muralla, logo o Lugo medieval, con parada no Centro de Interpretación do Camiño de Santiago, sen esquecernos da impresionante catedral, mestura de estilos arquitectónicos e unha xoia para o estudo, contemplación  e admiración da arte.
Rematamos a viaxe coa visita a pintoresca paisaxe de Penas de Rodas, en Outeiro de Rei. 
 
Ver reportaxe fotográfica no blogue de Perdourando
 


page | by Dr. Radut