Skip to Content

Admisión ESO / Bach.

Xornada informativa: Admisión alumnado IES Perdouro

Na data que se indica a continuación celebraremos no IES Perdouro unha xornada informativa relativa ao proceso de admisión.

Admisión 2021/2022: Listaxes provisionais de alumnado admitido

Alumnado admitido:

As listaxes de alumnado admitido en ESO e Bacharelato están publicadas no taboleiro de anuncios interior do Instituto, xunto a Secretaría. Todo o alumnado que presentou a súa solicitude dentro do prazo foi admitido, excepto erro ou omisión (recomendamos consultar as listaxes persoalmente ou ben chamando ao centro - 982870102 -)

Acceden ao centro 11 alumnos/as de 1º de ESO, 1 de 3º de ESO e 13 de 1º de Bacharelato.

Admisión ESO e Bacharelato: solicitude do 1 ao 22 de marzo

Solicitudes de admisión

O alumnado que desexe acceder ás ensinanzas de ESO ou Bacharelato no IES Perdouro e que non teña praza reservada(1), debe presentar solicitude de admisión. O procedemento desenvolverase segundo este calendario de admisión.

Admisión: publicadas as listaxes de alumnado con praza adxudicada por reserva

Finalizado o período de solicitude de reserva de praza, foron publicadas as listaxes de alumnado con praza adxudicada por reserva (alumnado procedente do CEIP Virxe do Carme).

Adxudicóuselle praza a todo o alumnado que a solicitou (42 solicitudes). Porén deben consultar igualmente as listaxes para confirmar que lles foi asignada praza.

Poden consultar as listaxes nos seguintes lugares:

  • No taboleiro de anuncios do IES Perdouro
  • No tabolerio de anuncios do CEIP Virxe do Carme
  • Na aplicación admisionalumnado, identificándose con Chave365 ou con certificado electrónico.

No caso de existir algunha disconformidade coa listaxe, deben comunicalo na secretaría do IES Perdouro no prazo máis breve posible.

Admisión do alumnado de ESO e Bacharelato

Nesta páxina iremos actualizando toda a información sobre o proceso de admisión. Por agora, ofrecemos o calendario e varios sitios de referencia.

Calendario do proceso de admisión:

Calendario admisión ESO BAC curso 2021-2022

Anuncio informativo na web da Consellería de Educación:

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

Información sobre Escolarización, para familias e alumnado:

Escolarización

Aplicación para a xestión da admisión do alumnado:

admisionalumnado

Sede Electrónica:

Procedemento ED550A - Reserva de praza, cambio dun centro a outro ao que se estea adscrito

Procedemento ED550B - Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos

 

Admisión: Xornada informativa e de portas abertas no IES Perdouro

Estimadas familias:

Na última semana deste mes de xaneiro celebraremos no IES Perdouro xornadas informativas e de portas abertas ás que gustosamente os convidamos a participar. Nesta ocasión serán por videoconferencia, dadas as

Matrícula ESO e Bacharelato para o curso 2020-2021 (Setembro)

Prazo para a solicitude de matrícula de ESO e Bacharelato en setembro: ata o xoves día 10.

Aínda que o prazo oficial remata o día 10, rogamos a todo o alumnado que, salvo causa que o impida e ao efecto de facilitar a correcta organización do curso académico, presente a súa solicitude de matrícula respectando os calendarios e horarios que se especifican para cada ensinanza.

A continuación poden obter máis información e descargar os formularios de matrícula:

Distribuir contido


by Dr. Radut