Skip to Content

Admisión CICLOS

Admisión a ciclos formativos de formación profesional

Admisión e matrícula en FP Básica

A continuación ofrecemos a información necesaria para acceder e/ou matricularse nun ciclo de Formación Profesional Básica, segundo este calendario de admisión e matrícula.

Táboa de contidos do artigo:

Admisión Ciclos: Matrícula DIRECTA en prazas vacantes liberadas ata o 30 de xullo

Publicadas as listaxes de ciclos con prazas vacantes liberadas, ábrese un prazo de matrícula directa ata o día 30 de xullo, ás 13 horas.

Se non che foi adxudicada unha praza ou non a solicitache previamente, podes matricularte de maneira directa nas prazas vacantes (nº limitado). A matrícula realizarase por orde de chegada, só con acreditar os requisitos de acceso e presentar a documentación que se indica máis abaixo. 

Consulta a oferta de ciclos formativos do IES Perdouro agora tamén en modalidade Dual

Admisión Ciclos: prazo de MATRÍCULA do 20 ao 26 de xullo ás 13h

O próximo martes 20 de xullo publicarase a listaxe da primeira adxudicación de prazas de ciclos formativos para o curso 2021-22 (alumnado que accede ao 1º curso do ciclo ou repite 1º curso).

Se che é adxudicada unha praza, debes matricularte ou renunciar á mesma (prazo do 20 ata o 26 de xullo ás 13 horas)

Se non che foi adxudicada unha praza, tamén podes matricularte directamente nas prazas vacantes liberadas (nº limitado). Neste caso a matrícula realizarase por orde de chegada, só con acreditar os requisitos de acceso. As listaxes de prazas liberadas publicaranse a partir do día 20 de xullo.

Matrícula en módulos soltos de ciclos formativos (réxime de persoas adultas). Curso 2019/2020

Entre os días 1 e 4 de outubro (ambos incluídos) poderás matricularte nos ciclos do IES Perdouro, nos módulos individuais que desexes, polo réxime de persoas adultas (prazas vacantes do réxime ordinario).

Ciclo Superior de Administración e Finanzas: Matrícula DIRECTA ata o 27 de setembro

As prazas vacantes do noso ciclo superior de Administración e Finanzas están liberadas, polo que se abre un prazo de matrícula directa ata o día 27 de setembro ás 13:00 horas.

A matrícula realizarase por orde de chegada ata esgotar as prazas, coa única condición de acreditar os requisitos de acceso e presentar a documentación que se indica máis abaixo.

Podes obter máis información sobre ciclos liberados no portal de FP da Consellería de Educación.

Admisión a Ciclos Formativos: do 25 de xuño ao 3 de xullo

Se desexas obter praza nun ciclo formativo de formación profesional para o curso 2018/2019, debes presentar a túa solicitude durante o período ordinario, desde o día 25 de xuño ata as 13h do 3 de xullo (haberá un período extraordinario do 3 ao 11 de setembro).

Consulta a oferta de ciclos formativos do IES Perdouro, que en resumo é a seguinte:

  • Ciclos medios: Instalacións de telecomunicacións, Mecanizado, Peiteados e cosmética capilar, Xestión administrativa
  • Ciclo superior: Administración e finanzas.

Distribuir contido


by Dr. Radut