Skip to Content

Banda Deseñada

Obradoiro de Banda Deseñada con Cristian F. Caruncho

O xoves 22 e o venres 23 de febreiro o alumnado de 1º ESO e o de 4º ESO de Proxecto Competencial participará nun obradoiro de banda deseñada impartido por Cristian F. Caruncho. 

Cristian Fojón Caruncho (Ortigueira, 1997) gañou a edición do ano 2011 do concurso de Banda Deseñada na Mariña convocado pola Asociación Cultural Os Matos e a biblioteca do IES Perdouro na categoría aberta. A obra gañadora foi a primeira parte de O home que liberou a fraga, a cal se incluíu na terceira revista Banda desexada. 

Recibiu, entre outros recoñecementos, o premio Carlos Casares-Kristina Berg en 2020 e o premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña en 2023. 

Este historietista, faneditor e ilustrador ten publicado xa numerosas obras de banda deseñada e participado en campañas gráficas e clips musicais

2ª entrega: Novidades en Banda Deseñada

Segunda remesa de Banda Deseñada que nos trouxo Ricardo dende Pontevedra.

 

Fran Bueno nos VI Encontros - vídeo promocional

Clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña

O martes 27 de maio tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro de Burela o acto de clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña asi como a entrega de premios.
 
O debuxante santiagués Fran Bueno foi o invitado de excepción na clausura dos sextos Encontros de Banda Deseñada na Mariña que se celebraron no IES Perdouro de Burela.
 
Seguir lendo en Perdourando.
 
Ver reportaxe de entrega de premios en Perdourando.

Clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada 2014

franbueno2.jpg

Contaremos para clausurar os encontros de BD na Mariña con Fran Bueno, recoñecido debuxante con gran proxección intercanional, o primeiro autor galego en traballar profesionalmente no sector comercial do cómic estadounidense e recentemente galardonado co Premio Castelao 2013 de Banda Deseñada da Diputación da Coruña.  

O martes 27 de maio ás 12h20 na biblioteca abrirán o acto, o director, Santiago Pérez, a Vicedirectora, Karina Parga, a concelleira de Cultura, Mónica Pedre e o tenente alcalde, Manuel Fernández.

 

 

Fallo dos premios do Concurso de Banda Deseñada na Mariña 2014

Gañadores do certame de creación de Banda Deseñada 2014

Fanse públicos os resultados dos premios na seguinte ligazón: Banda Desexada

Noraboa os gañadores e confiamos en que haxa sorte noutras ocasións para os demáis participantes.

Reunión do xurado do Concurso de Banda Deseñada - 2014

Continúan as actividades relacionadas coa Banda Deseñada organizadas polo IES Perdouro de Burela.

O xurado do concurso reuniuse hoxe para comezar a valoración das obras participantes nesta sexta edición. 

Farase público o fallo do xurado o vindeiro venres 23 de maio.

Obradoiro de BD por Primitivo Marcos - 1º ESO

O debuxante e guionista lucense, Primitivo Marcos, impartiu este mércores 2 de abril a primeira parte dun obradoiro de Banda Deseñada no I.E.S. Perdouro.
Dentro dos VI Encontros de BD na Mariña, esta actividade dirixíase, neste caso, ó alumnado de 1º de E.S.O que tivo a oportunidade de coñecer en persoa o autor de recoñecidas publicacións de BD como O Mariscal Pardo de Cela, María Castaña, Aventura no Camiño de Santiago I (actualmente está a traballar na segunda parte), ou Os Fernández (na revista Golfiño), entre outras moitas.
Primitivo Marcos iniciou o alumnado no mundo da viñeta e amosoulles como dar os primeiros pasos para crear unha BD sen desesperarse por mor de que o debuxo e a historia se resistan a saír da imaxinación. E púxolles un reto: crear as primeiras personaxes dunha breve historieta. Conseguírano?

Reunión do xurado do Concurso de Banda Deseñada

Nesta edición as obras do concurso dos V Encontros de Banda Deseñada na Mariña proveñen mesmo doutros lugares de Europa e América.

Continúan as actividades relacionadas coa Banda Deseñada organizadas polo IES Perdouro de Burela.


O xurado do concurso reuniuse hoxe para comezar a valoración das obras participantes nesta quinta edición. Os organizadores dos Encontros queren destacar a calidade dos traballos presentados e tamén a súa cantidade. É salientable, por outra parte que, nesta ocasión, a procedencia das distintas creacións é moi diversa: Portugal, Arxentina, etc.

O fallo do xurado terá lugar o próximo luns 18 de marzo no IES Perdouro. 

Acto de inauguración da exposición "Cinco anos de Banda Deseñada na Mariña"

 

OBRADOIRO CON KIKE BENLLOCH

Os vindeiros días 25 e 26 de febreiro Kike Benlloch impartirá en dúas sesións un obradoiro sobre o guión de banda deseñada, no I.E.S. Perdouro. O centro está a desenvolver os seus III encontros de BD na Mariña con diversas actividades.

O taller terá unha parte teórica e outra práctica. Veranse exemplos reais das distintas técnicas e aproximacións que hai á escritura do cómic e comentaranse obras concretas.

A sesión do venres será das 18:30 ás 20:30 horas e a do sábado das 10:00 ás 13:00 horas.

O acceso é libre previa solicitude á secretaría dos Encontros en bandadesexada@gmail.com

Kike Benlloch (A Coruña, 1974) é autor de sete álbumes de BD e incontables historias curtas. Entre as súas obras cóntanse títulos como “Uxío Novoneyra, a voz herdada”, “Pinche Mundo” ou “Freda”.

Máis información. III Encontros de BD: http://bandadesexada.blogspot.com/

Máis información. Kike Benlloch: http://www.kikebenlloch.com

LER COMIC

Cris, unha compañeira do CEIP da Ramallosa, fixo esta presentación para entender mellor a lectura dos cómics.

Distribuir contido


by Dr. Radut