ADIAMENTO RENOVACIÓN CONSELLOS ESCOLARES

O xoves 22 do outubro publicouse a Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, tal como se indica nela, coa finalidade de preservar a saúde das persoas e evitar aglomeracións faise necesario o adiamento da convocatoria de eleccións a consello escolar de centros docentes sostidos con fondos públicos.