Dinamización Lingüística

Dinamización Linguística

Castelao Reloaded.

O departamento de Lingua e Literatura Galega xunto co de Educación Plástica, no ámbito da dinamización lingüística, vén de desenvolver unha actividade súper interesante, rescatando o traballo de Castelao e traéndoo aos nosos días. Por iso que, "Ao xeito de Castelao", nos deixan estas impresionantes obras que deixamos aquí para que as poidades admirar: 

                

             

Cinema José Gil


O pasado venres, 9 xuño,un grupo de alumnos/as de 1° BACH asistiron á estrea do documental  sobre o cineasta e fotógrafo,José Gil no círculo recreativo do Porriño. Unha actividade proporcionada pola deputación de Pontevedra.
José Gil foi considerado o "pai do cinema en galego". Realizou máis 150 filmes entre 1910 e 1935 no sur de Galicia. Naceu en  Rubiós (As Neves) pero viviu parte da súa vida no Porriño. Foi o primeiro en filmar películas de ficción en Galicia, gravou as primeiras imaxes en movemento , creou as tres primeiras productoras da historia do cinema galego, inventou o "automotor" e o cinemamóvil Reclame" co que percorría todas as vilas galegas.
O acto estivo presentado e dirixido por Manuel González (creador da Escola de Imaxe e son, profesor de historia e escritor do libro sobre a biografía de José Gil) e por Ignacio Vilar, director de cine, guionista galego.
Retroceder no tempo, nas imaxes da Galicia de comezos de século XX, na maxia do cine mudo, nas imaxes do Porriño antigo, do teatro Diz, do cine Royalti de Ponteareas...cantos tataravós/as estarán nesas imaxes!!!
E o papel dos "explicadores/as", eses comentaristas de películas que tan de moda estaban naquela época!
Nesta ocasión, Anxo de 1° Bach. foi o explicador xunto a Ignacio Vilar dun fragmento da película "Vertixe de Harold Lloyd"!
Unha actividade fermosa, atraínte e interesante que deu a coñecer ao alumnado e profesorado a  un dos grandes persoeiros do noso cinema.
Porque o audiovisual en galego tamén é historia e identidade!

 

Día de Rosalía

Celebrando o día de Rosalía. Cada ano o equipo de normalización lingüística, xunto co departamento de Lingua Galega e a colaboración do de Música, nos sorprende levando a cabo actividades fermosísimas das que podemos desfrutar toda a comunidade educativa.      

Visita do autor: Manuel Núñez Singala

 

 

Como ben nos indica o cartaz, o noso alumnado de 1º e 2º ESO, tiveron a oportunidade de desfrutar do autor dalgúns dos libros que levan lido este curso. 

Algúns marcharon con un sorriso por levar o libro asinado polo autor para a casa.

 

 

GALA DígochoEu

Onte rematou o concurso do DígochoEu cunha gran festa no auditorio da cidade da cultura en Santiago de Compostela. Alá fomos como finalistas que eramos.


Fomos con ilusión, volvimos coa gratitude de saber que fomos un dos 10 centros finalistas de toda Galicia e con ansias de facer que a nosa lingua siga sendo un vínculo de cohesión entre nós.


Agradecer a Carlos, a Esther e a todo o equipo do DígochoEu polo seu ben facer e por brindarnos esta oportunidade de poder participar e formar parte da familia do DígochoEu.


Felicitar aos centro gañadores e a todos os centros finalistas que puxestes o voso gran de millo para visulizar e dignificar a nosa lingua.


E, por último, para toda a mocidade, non deixedes que a nosa lingua quede tan só nun programa-concurso da tvg, ou nas aulas de galego, faládea, é o voso patrimonio, a vosa herdanza! Facede uso dela e querédea!


Saúde e lingua!

ENCONTRO CON IGNACIO VILAR

Hoxe, no festival de Cans, con Ignacio Vilar e con Aura 1964, o guión da súa vindeira película.No grupo do clube de lectura do Pino Manso leron o libro Aura 1964 e hoxe realizaron un coloquio con el. Intercambiaron opinións sobre a temática, os protagonistas, os espazos, a literatura, o audiovisual... Porque unha peli sempre comeza por palabras e por alguén que as escribe. "Aura 1964", unha ollada ao pasado para poder seguir sementando un bo futuro. E se rematase sendo algúns d@s nos@s alumn@s os actores ou actrices da peli? Grazas a Ignacio Vilar e grazas a Eva, de Vía Láctea Films, por convidarnos a esta sesión tan bonita.

Distribuir contido