Actividades complementarias e extraescolares

Obradoiro de Matemáticas 1º ESO

O alumnado de 1º ESO, o día 29 de Febreiro participou nos "talleres didácticos de Matemáticas IMATXINA na Escola Rosalía de Castro"

 

Excursión á Freixa

O noso alumando de 3º ESO visitou A Freixa, en Ponteareas, onde puideron aprender sobre flora e fauna do río Tea, e aproveitar para facer unha convivencia e practicar deportes. Aquí os podemos ver nesta xornada tan entretida e divertida para eles. 

 

 

 

 

 

 

San Valentín

 Con motivo de San Valentín, este ano fixemos de "carteiras do amor e da amistade". Puxemos un buzón onde o noso alumnado compartiu os seus fermosos sentimentos.

TEATRO E BAILE

O último día de curso non puidemos ter remate mellor: representación da obra de teatro BO CAMIÑO, do grupo de teatro do instituto, levado por Paula, profesora de Xeografía e Historia, coa colaboración de Lucinaide, profesora de Bioloxía e Xeoloxía. Tanto elas coma o alumnado sacrificaron recreos e mediodías para ensaiar, e o esforzo pagou a pena. Grazas e noraboa!!!!

Tamén contamos coa actuación de Rubén e Blanca de 1º de BAC, xeniais coma sempre, grazas!!!!

ORLAS 2022

Onte, 20 de maio, tivo lugar o Acto de entrega de orlas e despedida do alumnado de 2º de Bacharelato. Presentaron o acto Bea, Lía e Íñigo, que deron a benvida ao alcalde e á concelleira de Educación, ás familias e ao profesorado. Adicaron ao alumnado e familias fermosas palabras Rosa, directora do centro, e Juana, como representante do profesorado. Paz Pereiro, ex-alumna do centro, profesora de Lingua Galega e Literatura e actualmente Cordinadora do equipo de asesores e asesoras de Bibliotecas escolares dependente da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, compartiu vivencias da súa época como estudante do Pino Manso e ofreceu algúns consellos ao alumnado. Schihana e Jenni foron as encargadas de falar en nome do alumnado, cun divertivo e emotivo resumo dos anos no instituto. Manu e Raúl amenizaron con música o acto. Entregaron as orlas Doris, Roma e Bouzas, titoras e titor de 2º de Bacharelato.

Queridas alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato do IES Pino Manso, unha vez máis, desexarvos todos os éxitos na nova etapa que comezades.

Feliz vida!

 

Distribuir contido