Actividades complementarias e extraescolares
PLENO INFANTIL
Hoxe, venres 20 de novembro, tivo lugar o PLENO DO CONSELLO MUNICIPAL DA INFANCIA, con representantes dos distintos centros educativos do Porriño. No noso caso, a actividade (telemática) foi destinada a 1º ESO.
O alumnado tratou os seguintes temas:
- Situación actual e dereitos da infancia
- Propostas para un Nadal diferente
PLANETARIO - CINE
A Concellería de Educación do Porriño, a través da OMIX, organizou cos distintos centros educativos a actividade PLANETARIO 3D-CINE 360º. Dita actividade, que adaptouse para realizarse de xeito telemático debido á COVID 19, tivo lugar onte no Pino Manso para o alumnado de 1º ESO, que a valorou de forma moi positiva.
CONSELLOS E OBRIGAS
Compartimos tamén por aquí a cartelería que ten o alumnado nas aulas:
PREPARANDO A VOLTA: ALGÚNS CONSELLOS PARA O NOSO ALUMNADO
USO CORRECTO DA MÁSCARA (Vídeo realizado pola Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras)
CORRECTA HIXIENE DE MANS (Video creado pola Consellería de Sanidade)
PREMIOS ENTROIDO
Aquí tedes algunhas fotos da celebración do Entroido no Pino Manso. Dende aquí agradecemos a participación do alumnado e do profesorado que se animou a disfrazarse, a bailar, a cantar unha copla ou a facer unha pequena representación teatral.
Os premios foron asignados polo noso xurado do seguinte xeito:
Mellor comparsa relacionada con tema anual do centro: 1º ESO B
Comparsa máis numerosa relacionada con tema anual do centro: 1º ESO A
Mellor coreografía ou espectáculo: 1º BAC
Mellor copla: 2º BAC
Porta de aula mellor decorada: 1º ESO D
Mellor disfrace ou actuación: Rubén Silva
Noraboa!!!!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »