Actividades complementarias e extraescolares
ENTROIDO 2020
Mañá venres teremos a festa do Entroido no instituto.
O tema anual do centro, R que R, Reduce, Reutiliza, Recicla, será o fío condutor do evento.
Nesta ocasión engadimos ás distintas categorías do concurso a decoración das portas das aulas. E temos resultados ben vistosos:
Nocións básicas sobre RCP
De novo visitounos persoal da UCI do Álvaro Cunqueiro para dar ao alumnado (esta vez de 4º de Eso e de 1º de Bacharelato) nocións básicas sobre reanimación cardiopulmonar.
Agradecemos de novo á ANPA a organización da actividade.
CINE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O martes 21 de xaneiro comezamos co proxecto O CINE COMO FERRAMENTA PARA A PREVENCIÓN E SENSIBILIZACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NOS CENTROS EDUCATIVOS, do Concello do Porriño. Participa o alumnado de 3º e 4º de ESO.
TOWANDA REBELS
O martes 19 de novembro alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu á xornada inicial do programa do Concello do Porriño O CINE COMO FERRAMENTA PARA A PREVENCIÓN E SENSIBILIZACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NOS CENTROS EDUCATIVOS. As Towanda Rebels, activistas feministas, conduciron esta xornada inicial celebrado no Círculo Recreativo Cultural.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10