Reclamacións

Prazos de reclamacións 2º Bacharelato

Prazos e procedementos para as reclamacións de 2º Bacharelato. Click aquí

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS E DAS DECISIÓNS DE PROMOCIÓN E OBTENCIÓN DO TÍTULO ACADÉMICO

 

Da Circular 2/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2021-2022 destacamos:

 

Revisión no centro

O alumnado, de ser maior de idade, ou as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal, de ser menor de idade, no caso de que persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha área, materia ou ámbito, ou coa decisión de promoción ou titulación adoptada, poderán solicitar por escrito a revisión da devandita cualificación ou decisión, no prazo de dous días lectivos, ou de ser o caso hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación.

 

Reclamacións ante a Xefatura Territorial

O alumnado, de ser maior de idade, ou as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal, de ser menor de idade, no caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final de curso obtida nunha área, materia ou ámbito ou coa decisión sobre a promoción ou titulación adoptada polo equipo docente, poderán presentar por escrito á dirección do centro docente, no prazo de dous días hábiles a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada, reclamación ante a xefatura territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

 

Os procedementos de revisión no centro e de reclamacións ante as xefaturas territorias serán os establecidos na citada Orde do 2 marzo do 2021.

 

Calendario de reclamacións das cualificacións e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e 1º Bacharelato

Calendario reclamacións cualificacións 2º Bacharelato e/ou pendentes de 1ºConvocatoria ordinaria

 

 

Calendario reclamacións cualificacións 2º Bacharelato e/ou pendentes de 1ºConvocatoria extraordinaria

 

Distribuir contido