Filosofía
Visita aos xulgados de Pontevedra co equipo de mediación
Visita aos Xulgados de Pontevedra
O equipo de mediación participou no programa “Educar en Xustiza”, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, visitando os Xulgados de Pontevedra. O alumnado, recibido pola xuíza decana Belén Rubido, tivo a oportunidade de aprender como funciona o sistema xudicial, asistindo como público a distintos procesos xudiciais e mantendo unhas enriquecedoras charlas co xuíz e a fiscal da sala do penal nº 1. Tamén tiveron a ocasión de visitar a sala Gesell dos devanditos xulgados.
REVISTA OPINO
Xa temos a revista Opino!!!!
Traballou nela alumnado de Valores Éticos de 4º de ESO, de Filosofía de 4º de ESO, de Filosofía de 1º de BAC e de Historia da Filosofía e Psicoloxía de 2º BAC.
Clicando na imaxe, podedes desfrutar dela: