CENTRO

Visita á Aula Newton. San Cibrao das Viñas, Ourense

Visita a Aula Newton

O pasado 11 de abril o alumnado de tecnoloxía de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, visitou as instalacións da Aula Newton no Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas (Ourense) para realizar a actividade "Volando con números: unha aventura aérea."

Tiveron que elaborar un plan de voo que logo levaron á práctica nun simulador. Como podemos ver, pasárono xenial. De aquí sae algún piloto , seguro. 

O IES Pino Manso con Palestina

No IES Pino Manso sumámonos á iniciativa convocada polo colectivo "Docentes con Palestina", nun acto que se desenvolveu dende as 12 ata as 12:30 da mañán do venres 12 de abril. Interviron alumnas e alumnos do centro, que quixeron manifestar a súa solidariedade co pobo palestino con  poemas e textos seus. A nosa directora leu o manifesto, do que destacamos algunhas das súas palabras:
«Está pasando agora, mentres lemos estas palabras, mentres andamos polos corredores do noso centro, mentres o alumnado estuda e aprende, mentres o profesorado explica a materia. Está pasando agora, mentres saímos de clase, subimos e baixamos do autobús camiño das nosas casas. Esta pasando agora».   «Non fai falta ir aos libros de Historia, nestes momentos Palestina sofre un ataque continuo en forma de xenocidio por parte das tropas ocupantes de Israel. A día de hoxe se superan se superan  as 37.000 persoas mortas, masacradas, das que máis de 13. 000 son nenas e nenos.  Máis de 80.000 as feridas. 1,7 millóns de persoas desprazadas dos seus fogares. Casas, hospitais, escolas destruídas de forma sistemática e planificada»

 «Esa mesma lei [en alusión a la Lomloe] comprométenos a velar polo cumprimento da Convención sobre os Dereitos das Crianzas adoptada polas Nacións Unidas. Esa mesma convención, no seu artigo 6, afirma que toda crianza ten o dereito intrínseco á vida. A vida de todas as  crianzas, tamén as palestinas».

A  comunidade educativa nin pode nin debe de quedar calada ante «o xenocidio que o Estado de Israel está a cometer nos territorios ocupados de Gaza».

«O silencio, a equidistancia, ignorar o que está a suceder en Gaza é incompatible ca solidariedade, a xustiza e a cidadanía democrática».

Dende o IES Pino Manso reclamamos "o cese inmediato do fogo en Palestina e a apertura dos pasos fronteirizos para a libre circulación da axuda humanitaria."


V campionato de xadrez ♟️

V campeonato de Xadrez do IES Pino Manso. Gañadora: Antía, 1º ESO. Finalista: Álex de 3º. 

Día de Rosalía

Alumnos, alumnas e profes, todos queren ser Rosalía por un día: 

Celebración do día de Rosalía

Celebración do día de Rosalía:

Distribuir contido