CENTRO

CONCURSO CARTEIS 8 MARZO

Convocado o CONCURSO DE CARTEIS CONMEMORATIVOS DO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Premede na imaxe para consultas as bases e o premios:

CARTAS E DEBUXOS PREMIADOS

Xa temos a resolución do Concurso de cartas e debuxos de San Valentín convocado por @espazo.seguro. Clicando nas imaxes podedes acceder aos traballos:

  

  

 

 

 

DIA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Durante uns días, na entrada do instituto, poderemos visitar a exposición do IES Ricardo Mella SEGUINDO ÁS ESTRELAS, na que traballou Rosa Gándara, profesora de Tecnoloxía. A exposición acercános a mulleres de diversos ámbitos: tecnólogas, científicas, empresarias, xuristas, deportistas, das artes, das letras e do pensamento.

A primeira visita foi a do alumnado de FP Básica II:

REUNIÓN CLUBE DE LECTURA 1º E 2º DE ESO

Rematadas as sesións sobre George no noso clube de lectura de 1º e 2º ESO! Un libro que nos deu para reflexionar sobre as dificultades ás que se debe enfrontar un neno que non se identifica co seu corpo. Tamén pasamos un bo rato cunha serie de probas e xogos relacionadas co libro.

Agora toca nova aventura, e esta vez se trata de O ladrón de soños, pertencente á saga O mundo secreto de Basilius Hoffman, de Fernando M. Cimadevila. Unha novela fantástica na que Peter deberá enfrontarse a mundos extraordinarias e inquedantes xunto ao seu peculiar tío Basilius. Velaquí un booktrailer: https://www.youtube.com/watch?v=Csx4Z17XOGI

Distribuir contido