Ensino Secundario

Visita aos xulgados de Pontevedra co equipo de mediación

Visita aos Xulgados de Pontevedra

O equipo de mediación participou no programa “Educar en Xustiza”, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, visitando os Xulgados de Pontevedra. O alumnado, recibido pola xuíza decana Belén Rubido, tivo a oportunidade de aprender como funciona o sistema xudicial, asistindo como público a distintos procesos xudiciais e mantendo unhas enriquecedoras charlas co xuíz e a fiscal da sala do penal nº 1. Tamén tiveron a ocasión de visitar a sala Gesell dos devanditos xulgados.

Traballo de Investigación sobre Científicas e Investigadoras da Xeografía e a Historia 1º ESO

 Traballo de Investigación sobre Científicas e Investigadoras da Xeografía e a Historia. 

Traballo realizado polo alumnado de 1º ESO.

Podedes ver os carteis, e aproveitar para aprender un pouquiño máis escaneando o código QR que conteñen. 

 

                                            

  

  

Obradoiro de Matemáticas 1º ESO

O alumnado de 1º ESO, o día 29 de Febreiro participou nos "talleres didácticos de Matemáticas IMATXINA na Escola Rosalía de Castro"

 

Celebrando o día de Rosalía

 Celebrando o día de Rosalía . Con actuacións, caldo de gloria , fotos sendo Rosalía por un día... En definitiva, homenaxeando á nosa escritora máis internacional e aprendendo dun xeito lúdico. 

Castelao Reloaded.

O departamento de Lingua e Literatura Galega xunto co de Educación Plástica, no ámbito da dinamización lingüística, vén de desenvolver unha actividade súper interesante, rescatando o traballo de Castelao e traéndoo aos nosos días. Por iso que, "Ao xeito de Castelao", nos deixan estas impresionantes obras que deixamos aquí para que as poidades admirar: 

                

             

Actividade: Contacontos en Francés

"O narrador camerunés Samuel Mountoumnjou visitou o noso centro para achegar ao alumnado de francés de 2º, 3º e 4º ESO varias mostras da tradición oral do seu país. Os asistentes participaron activamente na representación das distintas historias narradas en francés e desfrutando do bo facer de Samuel e das aportacións dos seus compañeiros."

 

 

      

  

     

Distribuir contido