Ensino Secundario

OBRADOIRO CIDADANÍA DIXITAL

O alumnado de 3º de ESO asistiu ao obradoiro "Cidadanía dixital: seguros na rede", ofertado polo Concello do Porriño dende a OMIX e impartido por Kidcode. Nunha das sesións tivemos a visita da TVG.

EXHIBICIÓN BÁDMINTON

O alumnado de 1º e 2º de ESO tivo un acercamento ao bádminton, organizado polo novo club de bádminton en Porriño e polo departamento de Educación Física do IES Pino Manso.

 

Se queredes información sobre o novo club de bádminton en Porriño, clicade na imaxe:

 

GINCANA 2º ESO

O alumnado de 2º ESO participou nestes días nunha gincana con contidos curriculares organizada dende as titorías. O martes 22 premiarase ao equipo gañador e á clase gañadora.

 

ESTUDO ESTADÍSTICO 2º ESO

O alumnado de 2º de ESO fixo un estudo estadístico sobre a calidade do sono do alumnado e do profesorado do IES Pino Manso. Clicando na imaxe podedes ver parte dese estudo e as súas conclusións.

Distribuir contido