Actividade: Contacontos en Francés

"O narrador camerunés Samuel Mountoumnjou visitou o noso centro para achegar ao alumnado de francés de 2º, 3º e 4º ESO varias mostras da tradición oral do seu país. Os asistentes participaron activamente na representación das distintas historias narradas en francés e desfrutando do bo facer de Samuel e das aportacións dos seus compañeiros."