CENTRO

Cinema José Gil


O pasado venres, 9 xuño,un grupo de alumnos/as de 1° BACH asistiron á estrea do documental  sobre o cineasta e fotógrafo,José Gil no círculo recreativo do Porriño. Unha actividade proporcionada pola deputación de Pontevedra.
José Gil foi considerado o "pai do cinema en galego". Realizou máis 150 filmes entre 1910 e 1935 no sur de Galicia. Naceu en  Rubiós (As Neves) pero viviu parte da súa vida no Porriño. Foi o primeiro en filmar películas de ficción en Galicia, gravou as primeiras imaxes en movemento , creou as tres primeiras productoras da historia do cinema galego, inventou o "automotor" e o cinemamóvil Reclame" co que percorría todas as vilas galegas.
O acto estivo presentado e dirixido por Manuel González (creador da Escola de Imaxe e son, profesor de historia e escritor do libro sobre a biografía de José Gil) e por Ignacio Vilar, director de cine, guionista galego.
Retroceder no tempo, nas imaxes da Galicia de comezos de século XX, na maxia do cine mudo, nas imaxes do Porriño antigo, do teatro Diz, do cine Royalti de Ponteareas...cantos tataravós/as estarán nesas imaxes!!!
E o papel dos "explicadores/as", eses comentaristas de películas que tan de moda estaban naquela época!
Nesta ocasión, Anxo de 1° Bach. foi o explicador xunto a Ignacio Vilar dun fragmento da película "Vertixe de Harold Lloyd"!
Unha actividade fermosa, atraínte e interesante que deu a coñecer ao alumnado e profesorado a  un dos grandes persoeiros do noso cinema.
Porque o audiovisual en galego tamén é historia e identidade!

 

Revista : Pino Manso

Xa temos aquí, un ano máis, a incríble revista do instituto. Se queres acceder a ela, clicka aquí. 

 

 

Día de Rosalía

Celebrando o día de Rosalía. Cada ano o equipo de normalización lingüística, xunto co departamento de Lingua Galega e a colaboración do de Música, nos sorprende levando a cabo actividades fermosísimas das que podemos desfrutar toda a comunidade educativa.      

8 de marzo. Día da muller

No IES Pino Manso tamén conmemoramos o 8 de marzo, día da muller. Para iso o concello propúxonos unha visita das mulleres que triunfan no mundo da música, como podemos ver: 

  

Tamén puidemos desfrutar da visita e charla das mulleres referentes galegas, que colaboran co programa EduReferentes- Executivas

   

E como non? Puidemos tamén  compartir as experiencias das avoas, que co seu testemuño nos contaron como foron as súas vidas como mulleres traballadoras, valentes, aventureiras, ... 

  

Aquí temos a Marisa, Mari, Encarna e Geles, contando como ían ao río a lavar, migraron a Alemaña, traballaron en Zeltia, ou foron a Santiago a estudar enfermería, entre outras moitas aventuras...

TEATRO E BAILE

O último día de curso non puidemos ter remate mellor: representación da obra de teatro BO CAMIÑO, do grupo de teatro do instituto, levado por Paula, profesora de Xeografía e Historia, coa colaboración de Lucinaide, profesora de Bioloxía e Xeoloxía. Tanto elas coma o alumnado sacrificaron recreos e mediodías para ensaiar, e o esforzo pagou a pena. Grazas e noraboa!!!!

Tamén contamos coa actuación de Rubén e Blanca de 1º de BAC, xeniais coma sempre, grazas!!!!

ESPAZO SEGURO

Espazo Seguro xa se despedira ata o curso que vén cando Pedro, o profe de Filosofía e Sicoloxía do noso IES, compartiu con nós unhas ideas superchulas coas que decidimos realizar unha última actividade.

O tema era “A SAÚDE MENTAL”.

Dende principios de curso, moitxs dxs membros do grupo insistiron na necesidade de levar este tema ás aulas para romper tabús e axudar a normalizar as enfermidades mentais.

Coa axuda dos departamentos de Filosofía e de Orientación, tres membros de Espazo Seguro realizaron unhas INTERVENCIÓNS nas titorías de 3º ESO que nos permitiron pór sobre a mesa os estigmas que xiran en torno ás enfermidades mentais e as persoas que as sofren.

Agradecer o apoio recibido para organizarnos e ao alumnado de 3º ESO por terse prestado ás propostas que fixemos. Esperamos que vos gustase a actividade!

Distribuir contido