CENTRO

Visitas ao Concello de 1º ESO

Esta semana o alumnado de 1º ESO por iniciativa do Concello de O Porriño participou nunha visita guíada ás instalacións do mesmo. Aquí deixamos unha pequena mostra. 

 Desenvolvendo un pleno.

 Visitando as instalacións da Policía Local

 Que lles fixo test de alcoholemia.  Tranquilos todos, que deron negativo. 

Aínda así, acabaron no calabozo ...           Co cal... moi ben igual non se portaron.

 

  O que está claro, é que o pasaron xenial. 

Visita do alumnado do Colexio Hemanos Quiroga

O noso alumnado de 1º de Bacharelato facéndolles de guía aos seus excompañeiros do Colexio Hermanos Quiroga, que esperamos que para o curso que vén sexan alumnos de IES Pino Manso. 

 

Pleno Infantil

Hoxe o noso alumnado de 1º ESO participou no pleno infantil convocado polo Concello de O Porriño. Alí defenderon as súas propostas para crear un ambiente de convivencia pacífica e sen violencias. 

 

Aquí podemos ver aos nosos benxamíns entrando no "mudo da política". Quen sabe se algún deles ou delas chegará a alcalde ou alcaldesa de O Porriño algún día? Ou a presidentes/as do Goberno...

Magosto 2023

O martes 7 de novembro, por un breve período de tempo, parou de chover e puidemos celebrar o magosto.

   Para poder comer as castañas alguén as ten que asar... Aquí vemos ao grupo de traballadores, e aos que desfrutaron da degustación...

  Claramente o fume vai para os guapos...

  

 

No IES tamén celebramos o Samaín.

   No IES Pino Manso tamén celebramos o Samaín con actividades moi divertidas, por exemplo, un concurso de portas decoradas con temática terrorífica, propia da época. Aquí vos deixamos as imaxes para que vós tamén as poidades desfrutar e admirar o traballo do noso alumando. 

1.  2.  

3.   4.   

5.  6.   

7.  8.  

9.  10.    

11. 12.  

 

13.  14.  

15.   A porta escollida como gañadora por un "xurado profesional", foi a número 3., de 2º ESO A, como segunda clasificada a número 2, de 3º ESO A. e terceira a número 1 de 3º ESO C. 

   Tamén se organizou na Biblioteca un "Scape Room". Aquí vos deixo a clasificación: 

 Gañadores: 1º ESO D. 

Non hai mellor maneira de aprender ca facelo divertíndose!! 

Samaín

Celebración do Samaín no IES

Distribuir contido